Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

APROBACIÓN inicial das normas subsidiarias de planeamento urbanístico do Concello de Gondomar.

O Concello de Gondomar, na súa sesión plenaria do 21 de maio do ano que andamos, aprobou inicialmente o documento das normas subsidiarias do planeamento urbanístico. O citado documento sométese a información pública polo prazo de corenta e cinco días naturais contados a partir da última publicación do presente, ó abeiro do disposto no artigo 114 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, que aprobou o texto refundido da Lei do solo. O mesmo poderá ser examinado polos interesados de luns a venres, das 9 ás 14 horas, no servicio de información do Concello de Gondomar.

Tamén e para os efectos do disposto no artigo 102 do mesmo texto legal faise pública a suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición en todo o termo municipal agás aquelas expedientes para construcción en solo non urbanizable sobre os que recaese autorización previa antes do momento da aprobación inicial das devanditas normas subsidiarias nos termos establecidos na disposición transitoria (6.4.2) delas.

Gondomar, 22 de maio de 1996.

Ramón Sestelo Fernández

Alcalde

4252