Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a aprobación de paradas fixas na concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre San Clemente e Pontevedra, con anexos: V-0461; XG-028.

Por Resolución do 18 de marzo de 1996, a Dirección Xeral de Transportes aproba, no servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre San Clemente e Pontevedra, con anexos: V-0461; XG-028, da titularidade de Manuel y Avelino Garrido, S.L., o establecemento das seguintes paradas fixas: Lombo de Maceira, Hermida, Reiriz e Ponte de Rons.

Como consecuencia desta resolución resulta modificado o punto 1 "Itinerarios e puntos de parada" da resolución da Dirección Xeral de Transportes, do 18 de xaneiro de 1996 (DOG nº 30, do 12 de febreiro de 1996), pola que se fai pública a Orde do 5 de xullo de 1995, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e Resolución do 18 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, quedando redactado co seguinte contido:

"1.-Itinerarios e puntos de parada.

* San Clemente, Estacas, Teaño, Cuntis, Souto, Moraña, Mane, Porráns, San Antoniño, Lombo de Maceira, A Ermida, Reiriz, Cerponzóns, Ponte de Rons e Pontevedra.

* Moraña, Paraños e Amil.

* Souto e Penagrande.

* Estacas, Casal, Magán, Gontade, Bragaña e Teaño.".

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1996.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

4234