Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.886

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (271/1995).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 271/1995, promovido pola Caixa de Aforros Municipal de Vigo, contra José Manuel Iglesias González e Eva Lourido Pérez, nos que, por resolución desta data, se acordou sacar a poxa pública o inmoble que se describe ó final; o remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, na forma seguinte:

En primeira poxa o día 23 de xullo próximo e 11 horas da mañá, servindo de tipo o pactado na escritura de hipoteca, que ascende á suma de 4.392.000 ptas.

En segunda poxa, caso de non quedaren rematados os bens na primeira, o día 24 de setembro próximo e 11 horas da mañá, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira.

En terceira poxa, se non se remataron en ningunha das anteriores, o día 22 de outubro próximo e 11 horas da mañá, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1. Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa, en primeira nin en segunda; o remate poderase facer en calidade de ceder a terceiros.

2. Os que desexan tomar parte na poxa, a excepción do acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, nº de conta 1.592-18-271-95 o vinte por cento do tipo expresado, requisito sen o cal no serán admitidos a licitación.

3. Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto en secretaría, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes -se os houber- ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto da poxa:

-Casa sen número de planta baixa, sita no municipio de Teo, lugar e parroquia de Vilariño, construída con madeira revestida de cemento e ladrillo, con armazón de ferro, sobre piares de 50 cm de altura e cuberta de uralita especial, para vivenda unifamiliar con terreo unido ó seu arredor e outros de forma triangular, con base de cinco metros, fronte ó ángulo sureste, separado pola pista que logo se dirá, duns dezaoito metros cadrados de superficie, entre un camiño e o terreo a viña de José María Cebeiro Sinde. Forma un só predio ou unidade territorial no sitio de Monte da Revolta, que ocupa a superficie de catrocentos setenta e un metros e trinta e sete decímetros cadrados, da que corresponde á casa a de corenta e nove metros cadrados, e limita: norte: de herdeiros de Matías Iglesias, sur, a nova pista contruída polo Servicio de Concentración Parcelaria; leste, viña de José María Cebeiro Sinde; oeste, saídos pertencentes á Escola de Vilariño. Inscrita no Rexistro da Propiedade de

Padrón no tomo 526, libro 169 de Teo, folio 32 Vto., predio nº 17.334.

Sirva esta publicación de notificación ós demandados para o caso de non seren achados no domicilio pactado na escritura de constitución de hipoteca.

Dado en Santiago de Compostela, o vintetrés de maio de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4037