Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.885

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (260/1990).

Eu Angel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 260/1990, se seguen autos de executivo, outros títulos, por instancia do procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en representación do Banco Hispano Americano, S.A., contra Alejandro López Lamelas e Mª José Santos Bermúdez, en reclamacion de cantidade; nas súas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo de valoración pericial, os seguintes predios embargados ó demandado Alejandro López Lamelas:

1. Núa propiedade do departamento nº 20, situado na planta 7ª do bloque leste do edificio con fronte ás rúas Riestra e Xeneral Mola da cidade de Pontevedra, con acceso polas escaleiras que soben desde o primeiro portal, situado no interior das galerías, á entrada pola rúa Xeneral Mola. Ten unha superficie de 158 m. Distribuído en recibidor, corredor, cociña-oficio, lavadoiro, baño, aseo, estar comedor, cinco dormitorios e balcón. Estrema: leste, aires da rúa Xeneral Mola e no interior, oco de escaleiras; oeste, patios de luces e vivenda esquerda da mesma planta do bloque leste e no interior oco de escaleiras; norte, patio de luces e casa nº 6 da rúa Xeneral Mola, e sur, patio de luces, oco de escaleiras e casa nº 12 da rúa Xeneral Mola. É a vivenda nº 20 do predio 39.492, folio 142 do libro 411 de Pontevedra, tomo 935, inscrición 6ª do Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra. Prezo de valoración: 15.800.000 ptas.

2. Núa propiedade do departamento nº 22, vivenda 1º dereita, situada na planta primeira alta do bloque oeste do edificio con acceso pola escaleira que

soben desde o segundo portal, situado na rúa Riestra. Ten unha superficie de 107 m e 90 dm. Distribuído en recibidor, corredor, cociña, baño, aseo, catro dormitorios (un deles interior, tipo alcoba á italiana), salón comedor e balcón. Estrema: oeste, aires da rúa Riestra; leste, patio de luces, casa nº 26 da rúa Riestra; norte, edificio nº 26 da rúa Riestra e oco de escaleiras e sur, oco de escaleiras e piso esquerdo da mesma planta. E a vivenda nº 22 do predio 39.494, no folio 146 do libro 411 de Pontevedra, tomo 935, inscrición 6ª. Prezo de valoración: 9.711.000 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o próximo día 8 de xullo ás 11 horas, conforme as seguintes condicións:

1. O tipo de remate será para cada un dos predios o prezo de valoración que se sinala a continuación da súa descrición, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na mesa do xulgado ou na conta de consignacións deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, número de conta 1592-17-260-90 establecemento que se destine para o efecto o vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo de remate.

4. Só o demandante poderá face-lo remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito, por instacia do acredor, as consignacións dos ofertantes que non resulten rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo de poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan por orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 10 de setembro, ás 11 horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 8 de outubro, tamén ás 11 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sirva esta publicación de notificación ós demandados para o caso de que non puidese facerse na forma ordinaria.

Dado en Santiago de Compostela, seis de maio de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4116