Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Hidroeléctrica de Silleda, con domicilio en Silleda no que solicita autorización para instalar unha R.B.T. en Souto, concello de Silleda, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,
Autorizar a Hidroeléctrica de Silleda a instalación dunha R.B.T. en Souto, concello de Silleda.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 25 de abril de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
4233