Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 13 de xuño de 1996 Páx. 5.843

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (431/1995).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se mencionarán, se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«En Santiago de Compostela o cinco de marzo de mil novecentos noventa e seis. En nome de El-Rei. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 431/1995, dimanante do procedemento seguido por coaccións, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Juan Miguel Fernández García, denunciante, con domicilio na rúa Oblatas 5-1º, Santiago de Compostela; Dorinda García Nimo, denunciada, con domicilio na rúa Arrepentidas 5-1º, Santiago de Compostela.

Decido que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións a denunciada Dorinda García Nimo, e declaro de oficio as custas desta alzada.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría á disposición das partes. (O recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal), e da que se xuntará certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

De conformidade co disposto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial, do 1 de xullo de 1985, contra a presente resolución poderán as partes interpor recurso de apelación para ante o xulgado de instrucción, dentro de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a Juan Miguel Fernández García, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o vintesete de abril de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

3452