Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 13 de xuño de 1996 Páx. 5.842

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (373/1995).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se mencionarán, se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«En Santiago de Compostela o dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e seis. En nome de El-Rei. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 373/1995, dimanante do procedemento seguido por estafa, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Gustavo Francisco Guerrero Arias, denunciante, con domicilio en Hipermercado Jumbo; Fernando Pintos Martín, denunciado, con domicilio na rúa Alexandre Bóve

da, bloque 15-1º A, Santiago de Compostela; Jesús Mallou Ruso, denunciado, con domicilio na rúa Alexandre Bóveda, bloque 15-2º A, Santiago de Compostela.

Decido que debo condenar e condeno a Fernando Pintos Martín como responsable dunha falta do artigo 587 do Código Penal, con pena de cinco días de arresto menor e a que indemnice o representante de Hipermercado Jumbo na cantidade de 5.000 pesetas.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría á disposición das partes. (O recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal), e da que se xuntará certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

De conformidade co disposto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial, do 1 de xullo de 1985, contra a presente resolución poderán as partes interpor recurso de apelación para ante o xulgado de instrucción, dentro de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a Fernando Pintos Martín, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o vintecinco de abril de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

9603483