Por medio desta cédula e en virtude do acordado por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada nos autos de declarativo menor contía, número 111/1996, promovidos por Hotel Santiago Apóstol, S.A., contra Alfredo Chierchia Savigliano.
Emprázase a Alfredo Chierchia Savigliano para que, no termo de dez días, compareza en autos por medio de procurador e letrado, e fáiselle saber que se comparece concederánselle dez días máis para contesta-la demanda, baixo apercibimento de que, de non comparecer, será declarado en rebeldía e seguirá o preito o seu curso.
Para que sirva de emprazamento a Alfredo Chierchia Savigliano, actualmente en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente céduola en Santiago de Compostela o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e seis.
Francisco Castiñeiras Fernández
Secretario xudicial
4610