Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 13 de xuño de 1996 Páx. 5.810

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 231/1996, do 6 de xuño, polo que se acepta a cesión a título gratuíto a favor da Comunidade Autónoma da estrada provincial de Ferreira do Valadouro a Cangas de Foz, sita nos termos municipais do Valadouro de Foz.

O Pleno da Deputación Provincial de Lugo aprobou, en sesión ordinaria con data 29 de abril de 1994, a cesión á Comunidade Autónoma de Galicia, da estrada provincial que vai de Ferreira do Valadouro a Cangas de Foz, sita nos termos municipais do Valadouro e Foz (Lugo).

Conforme o sinalado no artigo 5 da Lei de estradas autonómica 4/1994, do 14 de setembro, de acordo entre as administracións afectadas, proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, en reunión do día seis de xuño de mil novecentos noventa e seis.

DISPÓN:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta a favor da Comunidade Autónoma da estrada provincial que vai de Ferreira do Valadouro a Cangas de Foz, nos termos municipais do Valadouro e Foz, que ten unha lonxitude de 13,100 km.

Artigo 2º

A entrega do vial formalizarase mediante a sinatura da correspondente acta en documento público.

Artigo 3º

A estrada incorporarase á relación de estradas de titularidade autonómica como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia. A aprobación da dita relación farase conforme o plan de estradas.

Artigo 4º

Correspóndelle á Xunta de Galicia, a partir da formalización da entrega, tódalas actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía; así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

Artigo 5º

De acordo cos artigos 78 e 79 da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e 150 a 152 do seu regulamento, a estrada deberase incor

porar ó inventario xeral de bens da Comunidade Autónoma, quedando adscrita á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Disposición derradeira

Facúltase o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para dicta-los actos que sexan precisos para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, a seis de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Xosé Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

96-4535