Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 13 de xuño de 1996 Páx. 5.810

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 27 de maio de 1996 pola que se declara a alienabilidade da parcela 29 do polígono de actuación Jenaro de la Fuente, en Vigo.

Solicitada por Xestur Pontevedra o alleamento da parcela propiedade da Comunidade Autónoma referenciada no encabezamento.

Non sendo necesaria a previa desafectación do ben ó ter natureza patrimonial segundo consta na certificación do Servicio Técnico e de Inventario do 22 de abril, unha vez acreditada a conveniencia da operación e vista a taxación do Servicio Técnico e de Inventario da Secretaría Xeral e do Patrimonio na que se fixa un valor para o ben de 27.437.786 ptas.

Á vista dos artigos 24 da Lei 3/1985, 60 e ss. do seu regulamento, o alleamento por calquera título dos bens inmobles do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia require a declaración previa da súa alienabilidade.

En virtude do anteriormente exposto, proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, logo do informe da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Intervención Xeral e de conformidade co disposto nos citados artigos da Lei 3/1985, do seu regulamento.

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declárase a alienabilidade da parcela 29 do polígono de actuación Jenaro de la Fuente que a continuación se describe:

-Parcela urbanizada de 305 m no polígono de actuación Jenaro de la Fuente, no Polígono do Calvario de Vigo.

Linda: norte, parcela 28 de Finur Fincas Urbanas, S.L.; sur, zona de libre cesión de uso de superficie para praza pública; leste, vial de acceso á praza pública; oeste, parcela 28 de Finur Fincas Urbanas, S.L., acceso común a parcela 30 de Mercedes González Rodríguez.

A parcela figura inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 829, folio 103, predio 63.982, inscrición 1ª, a nome da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

4604