Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1996 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a subministración de vestiario con destino a persoal de talleres e servicios municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras.

b) Número de expediente: S96/27.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: vestiario.

b) Número de unidades para entregar: véxase anexos ó prego de cláusulas administrativas particuares.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: véxase o punto 1.

e) Prazo de entrega: non superior a 30 días.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 3.450.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 69.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ata as 13 horas do derradeiro día. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

1ª Entidade: véxase punto 1.

2ª Domicilio: véxase punto 6 b.

3ª Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de vestiario, con destino a persoal de talleres e servicios municipais».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 3 de xuño de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

4476