Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1996 pola que se anuncia poxa, con procedemento aberto, para a execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización da rúa Alcalde Marchesi.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Consecións.

b) Número de expediente: 096/26.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización da rúa Alcalde Marchesi.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 56.616.710 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 1.132.334 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo G, subgrupo 6, categoría d. Grupo E, subgrupo 1, categoría c.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ata as 13 horas do derradeiro día. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes («Oferta económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar á poxa a contratación das obras comprendidas no proxecto de urbanización da rúa Alcalde Marchesi».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 24 de maio de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

4474