Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a prestación do servicio de actividades nos centros de servicios sociais municipais durante o ano 1997.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Consecións.

b) Número de expediente: As96/12.

2. Obxecto do contrato: prestación do servicio de actividades nos centros de servicios sociais municipais durante o ano 1997.

Prazo do contrato: desde a adxudicación ata o 31 de decembro de 1997.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 10.313.200 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 206.264 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ata as 13 horas do derradeiro día. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación a presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido dos mesmos («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación da prestación do servicio de actividades nos centros de servicios sociais municipais durante o ano 1977».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 21 de maio de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

4475