Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 6/1996, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación do servicio de fotocopiadoras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG de 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación do servicio de fotocopiadoras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor.

Orzamento: 7.700.000 ptas. (IVE incluído), en cómputo anual.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público nº 6/1996, tramitado con carácter urxente.

Plazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1996.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: póliza de seguro de indemnización por riscos profesionais.

Solvencia técnica: relación dos principais servicios ou traballos realizados nos 3 derradeiros anos, incluindo: importes, datas e beneficiarios públicos ou privados.

Clasificación económica: non se require.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Criterios de adxudicación: prezo, 4 puntos; experiencia, 3 puntos; condicións prestación servicio, 3 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Unidade de Contratación do Complexo Hospitalario, rúa Ramón Puga nº 52 (edificio Administración, planta baixa), de Ourense, en días laborables, das 9 ás 13 horas.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do plazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo

de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 35 55 50 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contados desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 28 de maio de 1996.

Pedro A. Soler Bordoy

Director Xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense

4473