Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a subministración e instalación dun marcador electrónico, con destino ó Pazo dos Deportes de Riazor.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número do expediente: S96/79.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: marcador electrónico coas características técnicas fixadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Número de unidades para entregar: 1.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: Servicio Municipal de Deportes.

e) Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: ver cláusulas 6ª e seguintes do prego.

5. Garantía provisional: 1.200.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1, 2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax.: (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación para presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

1ª Entidade: véxase punto 1.

2ª Domicilio: véxase punto 6 b.

3ª Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6 b).

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anveros dos sobres consignarase con claridade o contido destes («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a subministración e instalación dun marcador electrónico, con destino ó Pazo dos Deportes de Riazor».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 4 de xuño de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.