Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.792

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

CÉDULA de citación (37/1995).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros, A Coruña, e do seu partido xudicial, fai saber:

Que, por resolución do día 26 de abril de 1996 dictada en autos de xuízo de faltas, seguidos co número 37/1995, por instancia de Rocío Rúa Sendón, contra Ricardo Fabeiro Roma por medio da presente e en virtude do acordado no día da data por M. Isabel Lado López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros, A Coruña, no procedemento arriba indicado sobre furto, cítase a denunciante Rocío Rúa Sendón para que compareza ante esta sala de audiencia deste xulgado de primeira instancia e instrucción o próximo día 9 de xullo do ano en curso ás 10 horas co fin de asistir cos medios de proba que coide conveniente (testemuñas, documentos, peritos, etc.) á celebración do dito xuízo de faltas, e queda prevido de que, de non comparecer, recaerán os prexuízos a que haxa lugar en dereito. Así mesmo, as partes poderán ser asistidas por avogado.

Para que así conste e sirva de cédula de citación á persoa que queda expresada máis arriba, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente en Muros, trinta de abril de mil novecentos noventa e seis.

M. del Carmen Isasi Varela

Secretaria

4251