Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.793

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (58/1996-02).

Francisco Javier Miguez Poza, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 58/1996 por instancia de Enrique Becares Fuentes contra María del Carmen Romero Conde e Hugo David García Quispe. Nas súas actuacións, en resolución desta data, acordouse citar a María del Carmen Romero Conde e Hugo David García Quispe co fin de que o día catro de xullo ás doce quince horas comparezan perante este xulgado co fin de asistiren á celebración do oportuno xuízo de faltas, apercibíndoos de que no caso de non o verificar recaerá sobre eles o prexuízo a que houbese lugar en dereito e de que deberán comparecer asistidos das probas de que se intenten valer.

E para que conste e sirva de citación a María del Carmen Romero Conde e Hugo David García Quispe expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o vinte de maio de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

3743