Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.792

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

CÉDULA de citación (37/1995).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros (A Coruña) e o seu partido xudicial, fai saber:

Que por resolución do día 26 de abril de 1996, dictada en autos de xuízo de faltas seguidos co número 37/1995, por instancia de Rocío Rúa Sendón, contra Ricardo Fabeiro Roma, por medio da presente cédula e en virtude do acordado no día da data por M. Isabel Lado López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros (A Coruña) no procedemento arriba indicado, sobre furto, cítase o denunciado Ricardo Fabeiro Roma para que compareza ante a sala de audiencia deste xulgado de primeira instancia e instrucción o próximo día 9 de xullo do ano que corre ás 10 horas, co fin de asistir, cos medios de proba de que tente valerse (testemuñas, documentos, peritos...), á celebración do dito xuízo de faltas, prevíndoo de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar conforme a dereito. Así mesmo, as partes poderán ser asistidas por avogado.

E para que así conste e sirva de cédula de citación á persoa que queda expresada máis arriba, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido, selo e asino a presente cédula en Muros o trinta de abril de mil novecentos noventa e seis.

M. del Carmen Isasi Varela

Secretaria

3524