Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.752

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector transporte de mercadorías por estrada da provincia de Lugo.

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para o sector de transportes de mercadorías por estrada da provincia de Lugo (código 2700505), asinado o día 15 de febreiro de 1996, polas representacións das asociacións de Empresarios de Transportes Discrecionales de Mercancías por Carretera, Agencias de Carga Fraccionada e Agencias de Carga Completa e polas centrais sindicais UGT, CC.OO e CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mencionado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 5 de marzo de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Asistentes:

-Pola parte empresarial:

Asociación de Transportes Discricionales de Mercancías por Carretera (Tradime):-José Manuel Flores Castro-Carmen Castelo Muiña

Asociación de empresarios de agencias de carga fraccionada:-José Antonio Orozco Fernández-Guadalupe Hervera Iglesias

Asociación de agencias de carga completa:-Antonio Fernández Fernández-Helga Cobas González

Polas centrais sindicais:

UGT (2:)-Eladio Antonio Romero Ares-Jesús Rivas Varela

CC.OO (2)-Juan Antonio Granados Llanes-Consuelo Prol Feijoo

CIG (2)-José Ángel Díaz Pernas

Ignacio Javier García Gómez

ACTA

En Lugo, sendo as 17.30 horas do día 15 de febreiro de 1996, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da comisión mixta paritaria prevista no artigo 5º do vixente convenio colectivo de transporte de mercadorías por estrada da provincia de Lugo, co obxecto de proceder á elaboración da táboa salarial que terá vixencia desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1996, conforme o previsto no parágrafo terceiro do artigo 1 do convenio colectivo de transportes de mercadorías por estrada da provincia de Lugo vixente.

Despois das deliberacións pertinentes adóptanse por unanimidade os seguintes,

ACORDOS:

Primeiro.-Aproba-la táboa salarial anexa que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1996.

Segundo.-Plus de convenio: os traballadores afectados polo convenio colectivo de transportes de mercadorías por estrada da provincia de Lugo percibirán durante o ano 1996 un plus de 10.795 pesetas mensuais, cotizable a Seguridade Social.

Terceiro.-Os atrasos, por diferencia de salrios, producidos como consecuencia da publicación das táboas salariais aprobadas pola presente acta faranse efectivos nos 30 días seguintes ó da publicación da presente acta.

Cuarta.-Con independencia das retribucións que se aproban por medio da presente acta establécese para o ano 1996 un salario mínimo de 85.077 pesetas mensuais, sexa cal sexa a categoría profesional de que se trate.

Quinto.-Remiti-la presente acta á autoridade laboral pertinente para efectos da súa aprobación e publicación.

E non tendo máis asuntos que tratar levántase a sesión en lugar e data indicados.

Táboa salarial

Convenio transportes mercadorías por estrada

Vixencia: 1-1-1996 ó 31-12-1996

Categoría profesionalSoldo basePlus convenioRetribuc. anual

Grupo 1. Persoal técnico superior
Subgrupo A
Xefe de servicio125.61310.7952.013.735
Inspector princial112.08710.7951.810.845

Subgrupo B
Enxeñeiro e licenciados111.54010.7951.802.640
Enxeñeiros técnicos e auxiliares titulados93.38110.7951.530.255
Axudante técnico sanitario86.70810.7951.430.160

Grupo 2. Persoal administrativo.
Xefe de sección96.17510.7951.572.165
Xefe de negociado90.65910.7951.489.425
Oficial de 1ª85.02210.7951.404.870
Oficial de 2ª82.62110.7951.368.855
Auxiliar administrativo82.62110.7951.368.855

Sección 2ª. Persoal de axencias de transportes
Encargado xeral99.11210.7951.616.220
Encargado de almacen95.35710.7951.559.895
Capataz91.60310.7951.503.585
Auxiliar de almacén e báscula82,62110.7951.368.855
Mozo especializado (día)2.75610.7951.383.520
Mozo Carga e descarga e reparto (día)2.75610.7951.383.520

Subgrupo B. Transporte de mercadorías
Xefe de tráfico de 1ª99.11210.7951.616.220
Xefe de tráfico 2ª95.35710.7951.559.895
Xefe de tráfico 3ª91.60310.7951.503.585
Conductor mecánico (día)2.96510.7951.478.615
Conductor (día)2.88810.7951.443.580
Conductor motocicleta e furgoneta (día)2.80510.7951.405.815
Axudante (día)2.75610.7951.383.520
Mozo especializado (día)2.75610.7951.383.520
Mozo (día)2.75610.7951.383.520

Sección 1ª. Grupo E: garaxes
Encargado xeral de 1ª99.11210.7951.616.220
Encargado xeral de 2ª95.35910.7951.559.925
Encargado de almacén91.60310.7951.503.585
Engraxador lavacoches (día)2.75610.7951.383.520
Gardas de noite e día. Mozo (día)2.75610.7951.383.520

Sección 2ª. Grupo F: Estacións de lavado e engraxe
Encargado de 1ª99.11210.7951.616.220
Encargado de 2ª95.35910.7951.559.925
Engraxador. Mozo de servicio (día)2.52910.7951.280.235

Subgrupo F. Transporte de mobles. Mudanzas e gardamobles
Xefe de tráfico99.11210.7951.616.220
Inspector visitador95.35710.7951.559.895
Encargado de almacén gardamobles. Capataz91.60310.7951.503.585
Mozo especializado (día)2.77510.7951.392.165
Mozo (día)2.75610.7951.383.520
Carpinteiro (día)2.86010.7951.430.840
Conductor mecánico (día)2.96510.7951.478.615
Conductor (día)2.88710.7951.443.125
Conductor furgonetas e motocicletas (día)2.80510.7951.405.815
Capitonista (día)2.78210.7951.395.350

Grupo 4. Persoal de talleres
Xefe de taller102.78310.7951.671.285
Encargado ou contramestre92.02110.7951.509.855
Encargado xeral88.82610.7951.461.930
Encargado de almacén85.44310.7951.411.185
Xefe de equipo (día)3.00510.7951.496.815

Categoría profesionalSoldo basePlus convenioRetribuc. anual

Oficial de 1ª (día)2.92910.7951.462.235
Oficial 2ª (día)2.80510.7951.405.815
Oficial de 3ª. Mozo de taller (día)2.75610.7951.383.520

Grupo 5. Persoal de guindastres.
Conductor mecánico (día)3.84710.7951.879.925
Conductor operador (día)3.54110.7951.740.695
Operador (día)3.23510.7951.601.465

Persoal subalterno
Cobrador de facturas, telefonista, porteiro e vixilante83.77710.7951.386.195
Limpadora (por horas)1.10310.795631.405

96-3442