Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.749

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/0000705/1996, interposto por Manuel Alén Martínez e outros.

Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 1/0000705/1996, interposto polos recorrentes contra a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 14 de febreiro 1996 (DOG do 27), sobre convocatoria de procedemento de selección para a adquisición da condición de catedrático nos corpos de profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para

que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Persoal

3446