Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto para a contratación do servicio de realización de probas analíticas de laboratorio en centros alleos (tramitación urxente do artigo 72 da LCAP) C.P. 29/1996.

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 15 de setembro de 1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia- la contratación do servicio que a seguir se cita:

Obxecto: servicio de realización de probas analíticas de laboratorio en centros alleos.

Orzamento: 9.962.210 pesetas/ano, importe que será debidamente rateado en función do período de prestación efectiva que ó remate resulte.

Fianza provisional: 2% do orzamento anual do contrato, equivalente a 199.244 pesetas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación urxente.

II. Prazo de vixencia: ata o 31 de decembro do 1996.

III. Admisión de variantes: non se admiten.

IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

1.Condicións de prestación do servicio: 50%.

2. Solvencia técnica do empresario: 30%.

3. Prezo da oferta económica: 20%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos do Complexo Hospitalario (edificio da Escola de Enfermería, planta soto, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e firmadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Hospital Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado dende o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncos do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 15 de maio de 1996.

Josep Santacren Boujoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza

4423