Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto para a contratación dunha subministración de implantes de cadeira (tramitación urxente do artigo 72 da LCAP) C.P. 26/1996.

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 15 de setembro de 1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de implantes totais de cadeira.

Orzamento: 33.375.000 pesetas para o seu prazo de vixencia, importe que será debidamente rateado en función do período de prestación efectiva que ó final resulte.

Fianza provisional: 2% do orzamento do contrato, equivalente a 667.500 pesetas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación urxente.

Prazo de vixencia: desde o 1 de xuño ó 31 de decembro de 1996.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Prezo da oferta económica: 80%

2. Calidade dos materiais: 20%

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos do Complexo Hospitalario (planta soto do edificio da Escola de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo),

antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 27 de maio de 1996.

Josep Santacreu Bonjoch

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza

4399