Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 maio de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto para a redacción do proxecto básico e de execución da construcción dunha nave de servicios no Hospital do Meixoeiro de Vigo (Pontevedra).

-Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución.

-Obra: construcción dunha nave de servicios no Hospital do Meixoeiro en Vigo (Pontevedra).

-Orzamento da contrata: 2.152.410 ptas.

-Prazo de execución: 2 meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Fianza definitiva: non se esixe.

-Forma de tramitación: ordinaria.

Exposición da documentación: poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por eles, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1996.

P.D. (Decreto 64/1996, do 15 de febreiro)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

4431