Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a conducción e subministración de gas propano no termo municipal de Sada (A Coruña).

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, de 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos e no artigo 11 do Regulamento xeral de servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: Repsol Butano, S.A., con domicilio na Praza da Palloza 3 - 2º, 15006 A Coruña.

Obxecto da petición: concesión administrativa para o servicio público de distribución e subministración de gas propano comercial, no termo municipal de Sada, na provincia da Coruña, de conformidade co proxecto presentado para o efecto, que se concretará posteriormente, co oportuno detalle no proxecto para a autorización das instalacións.

Descrición das instalacións:

-Estación de G.L.P., composta por 2 depósitos cunha capacidade total de almacenamento de 118,8 tm, dotada de equipo de gasificación, regulación e trasvase adecuados ás necesidades de consumo.

-Rede de distribución, deseñada para a súa intercambiabilidade co gas natural, con unha lonxitude de 4.340 m e construída con tubería de polietileno de media densidade, de diversos diámetros segundo as necesidades de consumo, que transcorrerá soterrada na súa totalidade.

Área da concesión: o municipio afectado pola solicitude de concesión é Sada, na provincia da Coruña.

Orzamento: trinta millóns de pesetas (30.000.000 ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos podan presentar as suas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de concesión na Dirección Xeral de Industria, Edificio San Caetano,

en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, en A Coruña.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

4414