Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usuarios domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Narón e Neda.

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, e no artigo 11 do Regulamento xeral de servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con domicilio na rúa da Rosa nº 16-3ºB, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: concesión administrativa para o servicio público de distribución e subministración a usuarios domésticos, comerciais e industriais, de gas natural, nos termos municipais de Narón e Neda, na provincia da Coruña, de conformidade co proxecto presentado para o efecto, que se concretará posteriormente, co oportuno detalle, no proxecto, para a autorización das instalacións.

Descrición das instalacións: o proxecto das instalacións prevese a partir da rede de distribución industrial de Enagas, S.A., pasando o trazado da rede polos ditos municipios.

Desde a rede industrial de Enagás, S.A., cunha presión máxima de operación de 16 bar, alimentaranse os puntos de entraga de gas natural (PEGN) á rede de Gas Galicia SDG, S.A.

No PEGN realizarase a medición do gas, tamén se reducirá a súa presión desde o rango (AP-16/16 bar) ata o rango MBP (4 bar).

A rede de distribución primaria -basica-, cunha lonxitude estimada de 4.500 m, estará deseñada e operará a unha presión máxima de 4 bar efectivos, e desde ela ben directamente, ou a través das redes secundarias, que se construirán a partir da rede básica, subministrarase gas para os consumos domésticos, comerciais e de pequenas industrias nos termos municipais citados.

A rede de distribución secundaria, cunha lonxitude estimada de 47.565 m, deseñarase e operará

en parte en MPB, á presión máxima de 4 bar, e en parte á presión máxima de 0,4 bar (rango MPA) en función, especialmente, dos consumos demandados, das características urbanísticas dos núcleos poboacionais e dos condicionantes das vías públicas e edificación.

Para alimenta-la rede de distribución secundaria, que se explotará no rango MPA, instalaranse estacións de regulación, MPB/MPA, ó longo do trazado da rede primaria que distribúa o gas á presión máxima de 4 bar.

O caudal máximo que se vehiculará será o necesario para atende-la demanda máxima prevista para os diferentes mercados do termo municipal obxecto da concesión, estimándose 2.500 m(n)/h de gas natural.

Área de concesión: os municipios afectados pola solicitude de concesión son Narón e Neda, na provincia da Coruña.

Orzamento: seiscentos trinta e nove millóns cincocentas sesenta e sete mis seiscentas pesetas (639.567.000 ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio; o proxecto de concesión na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, da Coruña.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3983