Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/87-2. Libro de rexistro: 4.558 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reforma e ampliación de potencia C.T. Ermida.

Situación: Lourenzá.

Descricións técnicas: centro de transformación de 630 kVA 20.000/398-230 V ±2,5% ±5%, para mellora do servicio eléctrico na zona, en Lourenzá.

Orzamento: 4.241.430 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegación nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 9 de maio de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4413