Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/83-2. Libro de rexistro: 4.554 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación de Paderne.

Situación: Castro de Rei.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 55 mm Al, cunha lonxitude de 706 metros, con apoios de formigón e torres metálicas. Dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, en torres metálicas, en Avilleira e Paderne. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, en apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Paderne, no concello de Castro de Rei.

Orzamento: 15.752.634 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 6 de maio de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3973