Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 42/1996 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Eléctrica de Moscoso, S.L., con domicilio na Lama no que solicita autorización para instalar unha R.B.T. en Pazos, concello de Pazos de Borbén, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Eléctrica de Moscoso, S.L. a instalación dunha R.B.T. en Pazos, concello de Pazos de Borbén.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 24 de abril de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3974