Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.628

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 225/1996, do 30 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Fene (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de apertura e urbanización das rúas: unión entre o cruzamento de Fene e a estrada da Fraga (segunda fase), rúa dos Muíños: prolongación ata o entronque coa anterior.

O Concello de Fene (A Coruña), en sesión celebrada o día 5 de outubro de 1995, acordou aproba-lo proxecto de apertura e urbanización das rúas: unión entre o cruzamento de Fene e a estrada da Fraga (2ª fase), rúa dos Muíños: prolongación ata o entronque coa anterior e na sesión do día 27 de decembro de 1995 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 14 de marzo de 1996 baixo o número 2.462.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 26 de marzo 1996, nº 2.840.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque:

1. A execu ción da obra de apertura e urbanización das rúas: unión entre o cruzamento de fene e a estrada da Fraga (2ª fase), rúa dos Muíños: prolongación ata o entronque coa anterior, vén motivada pola necesidade de comunica-las rúas referen ciadas co núcleo central do casco urbano de Fene, e dar así cumprimento ó disposto no artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, que establece a obriga mínima para tódolos municipios de prestar, entre outros, os servicios de acceso ós núcleos de poboación.

2. Que tal como se contempla no proxecto técnico da obra, coa execución destas trátase de dar cumprimento ás previsións do vixente plan xeral de ordenación no que se prevé unha sección de 9.11.25 e 12.40 metros para as citadas rúas, co que se conseguir non só a comunicación destas co núcleo central do casco urba no de Fene senón tamén unhas melloras de seguridade importantes.

3. A exución das obras de apertura e urbanización das rúas: unión entre o cruzamento de Fene e a

Estrada da Fraga (2ª fase), rúa dos Muíños: prolongación ata o entronque coa anterior, obxecto de expropiación non está incluído en unidades de actuación ou execución, nin se encontra dentro da delimitación de polígono urbanístico, polo que a expropiación forzosa é o único mecanismo de que dispón esta corporación para adquiri-los terreos afectados, dado que, a pesar de que o concello intentou chegar a un acordo cos propietarios directamente afectados, iso non foi posible.

4. A apertura e urbanización das rúas referenciadas, responde, ademais, ás demandas de dotación de infraestructura viaria efectuada polos veciños dos núcleos de poboación ós que dá acceso, e, como xa se dixo, é un dos servicios mínimos obrigatorios que teñen que prestar os municipios, tal como se sinala no proxecto técnico, pola necesidade de comunicación dos núcleos referenciados, polo que se fai necesario acudir ó procedemento de declaración de urxente ocupación, posto que de seguirse o procedemento ordinario dilatarían a dotación de infraestucturas viarias necesarias dado os longos trámites que é necesario seguir ata chegar ó levantamento da acta de ocupación, sendo, ademais, a expropiación o único mecanismo de que dispón o concello para a adquisición dos terreos afectados ó falla-lo diálogo cos propietarios afectados.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de maio de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Fene (Lugo), para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de apertura e urbanización das rúas: unión entre o cruzamento de Fene e a estrada da Fraga (2ª fase), rúa dos Muíños: prolongación ata o entronque coa anterior.

Santiago de Compostela, trinta de maio de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

2703