Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 14 de maio de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar con carácter inicial o proxecto de urbanización da UE-2829 presentado pola sociedade Proinbur, S.A. e redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez, cun orzamento de 28.480.897 ptas., sendo necesario completa-la súa documentación, con carácter previo á aprobación definitiva, coa correspondente á instalación das redes de gas.

Durante un prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio do DOG, poderá ser examinado o expediente e formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 24 de maio de 1996.

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde en funcións

9604299