Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

CONVOCATORIA dunha praza de técnico informático-contable.

No BOP da Coruña do día 23 de maio de 1996 publicáronse as bases para a provisión dunha praza de técnico informático-contable. Nivel de titulación esixido: diplomado en informática, dereito, ciencias económicas ou empresariais, e para aqueles casos nos que non exista o título, será suficiente con demostrar ter superados os tres primeiros cursos da licenciatura ou o primeiro ciclo dela.

As instancias nas que se solicite tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, debendo achegar a estas xustificante do ingreso da cantidade de 2.500 ptas. en concepto de dereitos de exame.

Mugardos, 30 de maio de 1996.

O alcalde

Rubricado

9604300