Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO para a contratación polo sistema de poxa, procedemento aberto, da primeira fase da obra proxecto de acondicionamento de frontón, pista polideportiva cuberta.

Obxecto: a realización da obra do proxecto indicado redactado polo arquitecto técnico municipal, Ramiro Goldar.

Tipo de licitación: 11.738.169 ptas., á baixa.

Prazo de execución: 4 meses.

Prazo de garantía: 1 ano.

Fianzas: a provisional o 2%, a definitiva o 4%.

Presentación de proposicións: entre as 9 e 13 horas dos 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, de ser sábado ou inhábil trasladaríase ó día seguinte.

As proposicións presentaranse en dous sobres pechados, un coa documentación e outro coa oferta económica e coa inscrición «proposición para tomar parte na poxa de proxecto de acondicionamento de frontón» e respectivamente «documentación» «oferta económica».

A apertura de proposicións terá lugar ás 12 horas do primeiro día hábil seguinte ó último sinalado para a presentación, se fose sábado trasladaríase ó día seguinte.

Documentación: a sinalada no prego de condicións.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., veciño/a de..., con enderezo en..., en nome propio (ou en representación de...), informado/a do anuncio para a execución da obra do proxecto de acondicionamento de frontón, estando a face-lo depósito correspondente e aceptando as responsabilidades e obrigas que impoñen as condicións sinaladas para o efecto, comprométese a executalas pola cantidade de... (en letra) pesetas.

Os pregos íntegros poden verse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello onde se facilitarán copias a quen o solicite.

A Estrada, 30 de maio de 1996.

O alcalde

Rubricado

9604303