Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCION do 23 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a adxudicación da xestión do servicio de cafetería no Centro Social de Vilaxoán e no Fogar da Terceira Idade de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 214 do Regulamento xeral de contratación do Estado, faise público que os servicios de cafetería no Centro Social de Vilaxoán e no Fogar da Terceira Idade de Pontevedra, e dos que se anunciou concurso público no DOG nº 42, do 28 de febreiro de 1996, foron adxudicados respectivamente a María del Carmen Lorenzo Bemposta, cun importe de 40.000 ptas. (corenta mil pesetas anuais) e a Raimundo Calviño Touriño cun importe de 25.000 ptas. (vintecinco mil pesetas anuais).

Vigo, 23 de abril de 1996.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Miguel A. Vázquez Ares

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

4304