Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996, da Delegacion Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a explotación do servicio de perruquería de mulleres e do servicio de perruquería de homes no Fogar da Terceira Idade de Ourense.

A Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso público para a contratación do servicio de perruquería de mulleres y do servicio de perruquería de homes no Fogar da Terceira Idade de Ourense, sito na rúa Concello nº 14 de Ourense.

Número de expediente: 2/1996.

O prezo das explotacións será de seis mill pesetas (6.000 ptas) anuais.

Prazo de execución: un (1) ano prorrogable por períodos anuais, ata un máximo de 15 anos.

Garantías: provisional: non se esixe; definitiva: os licitadores que resulten adxudicatarios deberán presentar unha garantía definitiva de 25.000 ptas.

Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo de San Caetano) e no rexistro xeral das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

As proposicións económicas: axustaranse ó modelo establecido que figura unido ós pregos de cláusulas administrativas particulares.

Lugar: a presentación de proposicións farase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense, sita na Avda. de Zamora nº 13, das 9 ás 14 horas, en sobres pechados ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Documentación que integrarán as proposicións: a que se indica na cláusula 5 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na Avda. Zamora nº 13, Ourense, ás 10 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Gastos do anuncio: serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Ourense, 21 de maio de 1996.

Alberto Escobar Veiga

Delegado provincial de Ourense

4315