Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-3/1996 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, incoación do expediente

sancionador, por infracción a Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

Que asímesmo, designo instructor do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mª Teresa Calvo García.

O que se notifica, os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera

momento do expediente por algunha das causas previas no artigo 28 da mentada lei.

Os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular as alegacións, aportar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 13 de maio 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-3/1996.

Denunciado: José Manuel García Acuña.

Último domicilio coñecido: Ría de Arriba, 11, Pontevedra.

Feito denunciado: practica-lo deporte da caza nun couto privado sen permiso.

Precepto infrinxido. artigo 48.1º 8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: 48 da Lei 1/1970, de caza.

Sanción: 4.000.

4005