Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador C-282/1994 y dous máis (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería

e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de apremio.

3. O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 10 de maio de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

C-282/1994Cándido Lorenzo Rodríguez

Francelos, Ribadavia,

Ourense

Cazar nun couto sen permiso e negarse a identificarse.Artigo 48.1º 8

outra artigo 2.8º,

da Lei 1/1970, de caza

48 da Lei 1/1970,

de caza

7.000
C-75/1995Guillermo Veiga Couso

Baguín, Mogor, Marín

Adestrar 4 cans no monte de Pastoriza xunto á antena de radio Nacional, o dito monte pertence á Sociedade de Caza en Marín.Artigo 48.1º 18

da Lei 1/1970, de caza

48 da Lei 1/1970,

de caza

5.000
C-87/1995José Pregal Pérez

Valdomar, O Covelo

Adestrar cans nun couto privado de caza, en época de veda e sen levar consigo a licencia de caza.Artigo 48.2º 1

da Lei 1/1970, de caza

48 da Lei 1/1970,

de caza

3.500

4097