Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula a instructora dos expedientes sancionadores C-196/1995 e C-16/1996 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 10 de maio de 1996.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

C-196/1995José Torres Pena

O Castro, Silleda

Circular cun can sen control nun vedado de caza.Artigo 48.3º 26

da Lei 1/1970, de caza

48 da Lei 1/1970,

de caza

1.500
C-16/1995Alberto Piñeiro González

Avda. Aeropuerto, 6,

Castañal, Cabral, Vigo

Cazar nun couto sen permiso.Artigo 48.1º 8

da Lei 1/1970, de caza

48 da Lei 1/1970,

de caza

4.000

4099