Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución dos expedientes administrativos sancionadores C-37/1995 e C-40/1995, incoados por infracción da lexislación vixente de caza e devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes por infracción da Lei de caza, do 4 de abril de 1970, e do regulamento para a súa execución do 25 de marzo de 1971 (BOE do 30-3-1971).

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 o 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), Oficina Principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberanse emprega-los impresos normalizados, que serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla.

Lugo, 8 de maio de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: C-37/1995.

Denunciado: Enrique Alonso López.

DNI: 76.577.437.

Ultimo enderezo coñecido: Donís-Cervantes (Lugo).

Feitos imputados: non impedir que un can (raza: cruzamento de sabuxo) vague sen control por terreo cinexético especial, en época de veda, feitos ocurridos o día 28-6-1995 en Campa de Ortigoso (reserva nacional de caza).

Preceptos infrinxidos: Art. 48.1º.18 e 48.2º.1 do Regulamento de caza.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 5.000 ptas. de multa e 1.000 ptas. en substitución do comiso dun can.

-Expediente: C-40/1995.

Denunciado: Juncal Sola Beorlegui.

DNI: 18.202.663.

Ultimo enderezo coñecido: Campa da Braña 1-Cervantes (Lugo).

Feitos imputados: non impedir que un can vague sen control por terreo cinexético especial, feitos ocorridos o día 8-7-1995 en Campa de Feiró (reserva nacional Ancares).

Preceptos infrinxidos: Art.48.1º.18 e 48.2º.1 do Regulamento de caza.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 5.000 ptas. de multa e 1.000 ptas. en substitución do comiso dun can.

4098