Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

EDICTO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o 27 de xullo de 1995, aprobou o escudo heráldico deste concello, formado polos seguintes símbolos:

Primeiro cantón destro de fronte, en campo de prata, unha chama de gules sobre ondas de azur.

Segundo cantón destro de punta, en campo de azur, un castelo de prata, terrasado de cor natural.

Terceiro cantón sinistro de fronte, en campo sínople, seis carballos de ouro, 3-3 en pao.

Cuarto cantón sinistro de punta, en campo de prata. Uha ponte de sable, sobre corrente azur.

O que se fai público para xeral coñecemento e para efectos de reclamacións por prazo dun mes a partir da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia. O expediente permanece exposto

ó público nestas oficinas municipais durante o citado prazo, das 9 ás 14 horas.

O Corgo, 24 de maio de 1996.

José Antonio Ferreiro González

Alcalde

4182