Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBAS DE SIL

EDICTO.

Aprobado polo Pleno deste concello, en sesión extraordinaria celebrada o 11 de abril de 1996, o escudo heráldico municipal, así como a bandeira e logotipo, co seguinte brasón:

Escudo municipal: De azul unha cepa de ouro, disposta sobre ondas de azul e prata e acompañada no cantón destro do xefe dunha cruz patada de prata, ó timbre coroa real pechada.

Bandeira: sobre pano azul, unha cruz patada de branco cantonada de catro follas de cepa, de amarelo.

Sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, para efectos de exame e reclamacións, de conformidade co disposto no artigo 3 do Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

José Rodríguez Rodríguez

Alcalde-presidente

4286