Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.552

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ASEPEYO

CONVOCATORIA de xunta xeral ordinaria e extraordinaria.

Por acordo da xunta directiva, convócase xunta xeral ordinaria e extraordinaria de mutualistas, que se celebrará o próximo día 26 de xuño, ás doce horas, no domicilio social, sito en Barcelona, Vía Augusta nº 36, 8º piso.

Caso de non acada-la asistencia prevista nos artigos 19 e 20 dos estatutos sociais, a xunta celebrarase ás trece horas do mesmo día e lugar.

A orde do día para a xunta xeral ordinaria e extraordinaria será a seguinte:

1. Exame e aprobación, se é o caso, das contas anuais do exercicio do 1995 e distribución do excedente obtido.

2. Avance do informe da Auditoría que debe elabora-la Intervención Xeral da Seguridade Social.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

3. Anteproxecto de orzamentos para 1997.

4. Centro de Prevención e Rehabilitación de Sant Cugat del Vallés (Barcelona).

5. Estatutos sociais.

6. Finalización do mandato, nomeamento, reelección e/ou ratificación de membros da xunta directiva e da comisión permanente.

7. Comisión de Control e Seguimento.

8. Comisión de Prestacións Especiais.

9. Xunta Consultiva.

10. Ratificación dos acordos e xestión da xunta directiva, a comisión permanente, a xerencia da entidade e a comisión de prestacións especiais.

11. Delegacións e apoderamentos, para os efectos procedentes.

O balance de situación, as contas de resultados, os estados de liquidación do orzamento e da memoria, estará ó dispor dos mutualistas no domicilio social, coa antelación prevista no artigo 22 dos estatutos.

Para facer uso do dereito de voto, segundo o artigo 15 dos estatutos, deberá acreditarse, perante o secretario da xunta directiva, estar ó corrente das obrigacións sociais.

Barcelona, 28 de maio de 1996.

Andrés Colomer Munmany

Presidente