Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucions formuladas nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 95/0072 e 95/0249.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-las resolucións dos procedementos sancionadores por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recaudación de multas e sancions da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non agota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que éste se presente, esta resolucion será firme a tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 10 de maio de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

-Expediente: P-95/0072.

Denunciado: Carlos T. Díaz García.

DNI: 32.620.006.

Último enderezo coñecido: Cid, 13, baixo, Narón.

Feito denunciado: pescar 12 troitas de tamaño menor có regulamentario.

Tipificación infracción. Lei de pesca:

Artigo: 33.9º.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 multa, 12.000 Indem.

-Expediente: P-95/0249.

Denunciado: Fernando J. Briges Valdomero.

DNI: 14.877.364.

Último enderezo coñecido: Dr. Landa, 14, Sopelana (Biscaia).

Feito denunciado: pescar a menos de 50 m dunha presa.

Tipificación infracción. Lei de pesca:

Artigo: 34.7º.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 multa, Inhab. 1 ano.

3938