Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 30 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 158/1995, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data, se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu regulamento de 1955 (modificado polo R.D. do 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

ANEXO

Expediente: 158/1995.

Denunciado: José Vázquez Fernández.

DNI: 34.424.178.

Ultimo enderezo coñecido: r/ Lepanto, 29-2º. Ourense

Feitos imputados: transporte de animais no vehículo OR-9533-E, e carecer de autorización oficial de traslado, do xustificante de limpeza e desinfección do vehículo e do documento de te-lo vehículo autorizado polo servicio de Sanidade e Producción Animal da delegación de Agricultura para o transporte de gando.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 1, 7 e 12 do Decreto 355/1994 e 52 do Regulamento de epizootias.

Precepto sancionador: artigos 212 e 215 do Regulamento de epizootias.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 25.000 pesetas.

Lugo, 30 de abril de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

3953