Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciacion do procedemento sancionador de pesca fluvial 96/0098.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciacion do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial da Coruña desta consellería, segundo o artigo 40.3º a) da mesma Lei.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, e para aportaren por escrito cantas

alegacions, documentos, informacions ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no art. 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario, porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 10 de maio de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

-Expediente: P-96/0098.

Denunciado: Jesús Rivas López.

DNI: 32.647.435.

Último enderezo coñecido: Outeiro, San Sadurniño (A Coruña).

Feitos denunciados: pescar unha troita de tamaño menor có regulamentario.

Tipificación. Lei de pesca:

Artigo: 33.9º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 10.000 multa, 1.240 Indem.

3941