Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.527

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO de poxa (149/1992).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira.

Fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo executivo por instancia de Freimar, S.A., representado porlo procurador Antonio Cuns Núñez contra Comercial García Tomé e José Gil García Tomé, sobre reclamación de cantidade na contía de 2.278.370 ptas. e en execución de sentencia dictada neles, anúnciase a venda en pública poxa, polo termo de vinte días, dos bens inmobles embargados á parte executada.

Para a indicada poxa o remate terá lugar na Sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa do Carmen de Negreira, ás 12 horas, dos respectivos días sinalados, na forma seguinte:

En primeira poxa, o próximo día 22 de xullo, polo tipo de taxación.

En segunda poxa, no caso de non quedaren rematados os bens na primeira, coa rebaixa do 25% do tipo, o próximo día 24 de setembro.

E en terceira poxa, se non se rematase ningunha das anteriores, o próximo día 23 de outubro, sen suxeición a tipo, pero coas demais condicións da segunda.

Rexerán as seguintes condicións:

1. O tipo de remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da súa taxación.

2. Que para tomar parte deberán consignar previamente os licitadores, no establecemento designado para tal efecto, Banco Pastor oficina principal de Negreira, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado número 100.444 unha cantidade igual ou superior ó 20% dos respectivos tipos de licitación, requisito sen o cal non serán admitidos.

3. Que desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado, onde aquel, o importe da consignación a que se refire a condición anterior ou acompañando o resgardo acreditativo de telo feito na conta de depósitos e consignacións antes expresada.

4. Que por instancia do actor, poderán reservarse os depósitos daqueles ofertantes que cubrisen o tipo de poxa e o admitan, para efectos de que se o primeiro adxudicatario non cumprise as súas obrigas, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan, pola orde das súas respectivas ofertas.

5. Que os títulos de propiedade, suplidos por certificación rexistral, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, e deberán conformarse con eles

os licitadores, que non terán dereito a esixir ningúns outros; que así mesmo estarán de manifesto os autos.

6. Que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado, na responsabilidade destas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

7. Só o executante poderá facer oferta de calidade de cedelo remate a un terceiro.

8. O executante poderá tomar parte na poxa e mellora-las ofertas que se fixeran sen necesidade de consigna-lo depósito prevido.

Os predios obxecto de licitación e que saen en lotes separados ou conxuntamente son os seguintes e se cun dos lotes se cobre o importe total da débeda non se poxarán os demais.

1. Predio nº 17.039, tomo 748, libro 123, folio 078, inscrición 1ª do Rexistro da Propiedade de Negreira. Casa de planta baixa, coñecida por Casa Nova, sita no lugar de Vilar, parroquia de Aro, municipio de Negreira, con terreo unido a horta e outros servicios, todo o cal ocupa unha superficie de dúas áreas e vinte centiáreas, do que corresponde á casa uns 112 metros cadrados. Estrema todo o conxunto: norte Esther Tuñas; sur, herdeiros de José María Souto; leste, camiño e oeste, José García Tomé.

Na actualidade a edificación presenta a adición dunha planta alta de, polo menos, o 50% da superficie.

O referido terreo foi valorado en 440.000 ptas. e a cas foi valorada en 9.240.000 ptas., facendo un total de 9.680.000 ptas., cantidade que serve de tipo para as poxas.

2. Predio nº 9.542, tomo 544, libro 084, folio 035, inscrición 2ª do Rexistro da Propiedade de Negreira. Predio rústico, prado e labradío de 19 áreas e 60 centiáreas, no sitio de Sabila, concello de Negreira, número 177 de concentración parcelaria da zona de San Vicente de Aro. Estrema: norte, María Celia Rodríguez Tomé (178); sur, con Aldea de Vilar; leste, con camiño construído polo Servicio de Concentración Parcelaria; oeste, con José Barreiro Plata (176). Neste predio penetran dous canais de rego polo seu lindeiro leste.

O referido ben foi taxado na cantidade de 2.946.000 ptas., cantiade que serve de tipo para as poxas.

Rubricado

9603969