Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.526

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (93/1994).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa.

Fai saber: que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 93/1994, se segue procedemento executivo outros títulos, por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Manuel Vázquez López, domiciliado en Bazarón-Santiso (Melide), Ana María Rodríguez Iglesias, domiciliada en Bazarón-Santiso (Melide) e María Alicia Vázquez López, domiciliada en Bazarón-Santiso (Melide), sobre reclamación de cantidade, e neses autos acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa taxación, o seguinte ben embargado no procedemento, e que ó final do presente edicto se describirá polo miúdo:

A poxa terá lugar o vindeiro día dezasete de xullo ás dez horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Lugo nº 45, baixo as condicións seguintes:

1. O tipo do remate será o do valor que se lles deu os bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2. Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente, polo menos o vinte por cento

do prezo do remate, no establecemento destinado para o efecto Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina 1475, conta de consignacións número 1510-000, a favor do executivo 93/1994.

3. Soamente o executante poderá cederlle o remate a un terceiro.

4. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado, e xunto co prego, o xustificante acreditativo do ingreso do importe descrito no punto nº 2.

5. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día vintetrés de setembro, ás dez horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate que será o setenta e cinco por cento do da primeira, e, caso de resultar deserta a devandita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día catro de novembro, tamén ás dez horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que conste e sirva de anuncio nos diarios oficiais nos que se acordou a súa inserción, servindo de notificación ó público en xeral, así como ós debedores, no caso de que eles non fosen atopados no seu domicilio, expido e asino o presente edicto en Arzúa o vintetrés de maio de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

Relación de bens obxecto de poxa

Referencia catastral: 001604100 NH84 E, no catastro de urbana, Diseminado, sita no lugar de Barazón, nº 41, termo municipal de Santiso.

Linda, norte: camiño público; ó sur: Jesús e Fermín Vázquez Guntín e Jesús Piñeiro Silva; leste: camiño público, e oeste: camiño público, Constantino Cagide Miguélez e outro.

Polos signos externos, pódese evidenciar sobre o terreo que é unha casa de planta rectangular a dúas alturas, construída hai máis de 50 anos, con paredes de pedra, piso de madeira, en estado regular de conservación e dispón de anexos uns alpendres. O predio sobre o cal está edificada a casa e a porción circundante, de difícil delimitación (de uso horta, eira e curral, considérase que pode medir uns 2 ferrados, equivalente a 10 áreas e 72 centiáreas).

Valoración da casa: dous millóns cincocentas mil pesetas (2.500.000 ptas.).

4060