Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.507

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Lacto Agrícola Rodríguez, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Lacto Agrícola Rodríguez, S.A. (código 2700622), da provincia de Lugo, asinado o día 25 de xaneiro de 1996, pola representación da mentada empresa e a de seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 8 de febreiro de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Acta

-Pola empresa:

José Moreno Carretero.

Gaspar Barreras Rodríguez.

Jesús Crusat Méndez.

-Polo comité:

M. Iglesias Moreno.

Manuel Pérez Mouriz.

M. Mourelos Basadre.

Antonio Fdez. López.

A. Fuenteseca Teijeiro.

Inés Barreiro Rivas.

Esther Vila Vázquez.

Patricio Mtnez. Otero.

Ramón Baamonde Meilán.

-Delegado sindical CIG:

Julia Fdez. Rodríguez.

En Robra, Outeiro de Rei, sendo as 12 horas do día 25 de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, reúnense, nas instalacións da empresa, as persoas arriba relacionadas, integrantes todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo de LARSA, factoría de Robra.

Tras varias reunións, acordan:

Primeiro.-Aproba-lo texto do convenio colectivo de LARSA, factoría de Robra, para 1996, que se achega á presente acta, para o cal as partes constan da capacidade legal necesaria, segundo acredita a acta de constitución da comisión negociadora que igualmente se achega.

Segundo.-Remiti-la presente acta e documentos adxuntos á autoridade laboral competente, para os efectos legais oportunos.

En proba de conformidade, asinan a presente acta no lugar e data arriba sinalados.

Convenio colectivo de Lacto Agricola Rodríguez, S.A.

Factoría de Robra

Capítulo I

Dereitos lingüísticos

Os traballadores de LARSA teñen dereito a desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en lingua galega e a recibi-la formación lingüistica para mellora-lo servicio ó público no seu posto de traballo, reco

ñecendo a empresa, desta maneira, a oficilialidade da lingua galega e os dereitos lingüísticos dos traballadores recollidos no Estatuto de autonomía de Galicia, Lei de normalización lingüística, Lei do Estatuto Galego dos Consumidores e Usuarios e demais disposicións legais.

A empresa fomentará o uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións cos consumidores e as administracións públicas en Galicia.

Capítulo II

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta a tódolos traballadores que presten os seus servicios no centro de traballo que LARSA ten en Robra, Outeiro de Rei, Lugo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Comprende a todo o persoal do cadro de persoal nas súas distintas categorías profesionais, agás os cargos directivos de director xeral, directores de departamento e directores de planta, e aquelas persoas que, pola súa responsabilidade e traballo, a empresa o considere así, sempre con responsabilidade de xestión ou dirección.

Artigo 3º.-Duración e vixencia.

Para tódolos efectos a vixencia do presente convenio iníciase ó día 1 de xaneiro de 1996, pactándose de común acordo que á súa expiración se considera automaticamente denunciado sen necesidade expresa de denuncia.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio constitúe un todo orgánico e indivisible, polo que os acordos contidos no mesmo unicamente teñen validez considerados conxuntamente. Se algunha das partes fora declarada sen efectos pola xurisdicción competente, deberá reconsiderarse no seu conxunto globalmente.

Capítulo III

Réxime retributivo

Artigo 5º.-Estructura salarial.

Está constituída polos conceptos seguintes: salario base, antigüidade, sobresoldo de asistencia, sobresoldo de actividade e outros sobresoldos.

Artigo 6º.-Salario base.

Establécese un salario base por categorías cuns importes que figuran na táboa salarial anexa II.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Establécese un complemento salarial de carácter persoal por cada período de 5 anos prestados na empresa. O importe do dito complemento será dun 5% do salario base, sendo ilimitado o número deles.

Artigo 8º.-Sobresoldo de asistencia.

Establécese un sobresoldo de asistencia para tódalas categorías, de 15.748 pesetas mensuais.

Artigo 9º.-Sobresoldo de actividade.

Establécese un sobresoldo de actividade cuns importes mínimos mensuais por categorías que se indican na táboa salarial anexa III.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Gratificacións fixas. Tódolos traballadores ós que lles é de aplicación o presente convenio percibirán tres gratificacións anuais (beneficios, xullo e decembro) que se devengarán o 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro a razón de 30 días de salario base, antigüidade e sobresoldo de actividade.

2. Servicio militar. O persoal fixo que estea prestando o servicio militar terá dereito a percibir estas pagas. Os que leven ó incorporarse ó servicio menos dun ano de contratación, percibiranas na parte proporcional que lles corresponda.

Artigo 11º.-Sobresoldo de nocturnidade.

As quendas traballadas durante o período comprendido entre as 10 da noite e as 6 da mañá, salvo que o salario se establecera atendendo a que o traballo sexa nocturno por natureza, terán un sobresoldo nocturno fixo para tódolos traballadores de 2.260 pesetas por cada quenda de noite ou a contía proporcional en función das horas nocturnas traballadas.

Artigo 12º.-Axudas de custo.

Establécense os seguintes importes en concepto de axudas de custo para o persoal.

Comidas: 1.500 ptas.

Almorzos: 215 ptas.

Ceas: 1.295 ptas.

Hotel: 3 estrelas.

Artigo 13º.-Sobresoldo tóxico, penoso e perigoso.

Establécese un sobresoldo para postos de traballo tóxicos, penosos ou perigosos de 14.612 ptas./mes. A definición dos ditos postos determinaraa o Gabinete de Seguridade e Hixiene da Xunta de Galicia, así coma a Mutua de Accidentes de Traballo.

Ambalas dúas partes consideran tóxicos, penosos ou perigosos os seguintes postos: operadores de VTIS e operadores de torre de leite en po.

Para o persoal doutras seccións, fixo do cadro de persoal, que a empresa incorpore á sección de torre, establécese un sobresoldo de 732 ptas./día en concepto de penosidade ou perigosidade.

Para o persoal de mantemento e caldeiras este plus establécese na cantidade de 3.374 ptas/mes.

Artigo 14º.-Persoal con capacidade diminuída.

A aquel persoal que, por deficiencias nas súas condicións físicas ou por outras circunstancias, non se ache en situación de desenvolve-lo traballo para o que foi contratado, a empresa procurará destinalo a traballos o máis adecuados posibles para el de acordo coa súa categoría profesional. En tódolos casos en que se presente a dita situación, a empresa, antes de adopta-la súa decisión, solicitará informe do comité de empresa ou delegados de persoal, que deberán emitir no prazo máximo de 5 días a partir da súa recepción.

A cualificación das condicións físicas será realizada porla Mutua de Accidentes de Traballo en informe médico por escrito, que será avaliado por unha comisión creada para tal fin na que estará representada a dirección e o comité de empresa.

Artigo 15º.-Prestacións complementarias.

A empresa complementará ata o 100% do salario regulador a partir do 4º día en caso de incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade común ou maternidad, na primeria baixa do ano.

No suposto de incapacidade laboral transitoria derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional, así coma no caso de intervención cirúrxica o internamento hospitalario, o citado complemento aboarase a partir do primeiro día e na primeira baixa do ano.

Ante a posibilidade de amplia-lo dito complemento en baixas sucesivas, reunirase a comisión mixta paritaria.

Nos casos previstos anteriormente, se durante o período de baixa se produciran incrementos económicos de carácter xeral, a empresa pagará a partir do primeiro día do mes seguinte ó de producirse os ditos incrementos, a diferencia entre o que lle corresponda percibir o traballador da Seguridade Social e o que lle correspondería percibir se a baixa fora despois de producirse o citado incremento, sen que en ningún caso a suma de ámbalas dúas percepcións poida exceder do tope máximo das bases de cotización do traballador á Seguridade Social na data de baixa.

Artigo 16º.-Traballo en cámaras.

O persoal que traballa habitualmente en cámaras de conxelación con temperaturas inferiores ós -10ºC, rexerase polas seguintes condicións: será provisto de roupa de traballo adecuada á temperatura da cámara, cun uso por parte do traballador que será obrigatorio, en todo caso cumpriranse estrictamente as normas de seguridad e hixiene.

De común acordo entre empresa e comité establécese un sobresoldo para os carreteiros de expedicións de 4.500 ptas./mes.

Artigo 17º.-Servicio de reparto ou distribución.

A actividade laboral do persoal deste servicio, aínda que con suxeición a normas dictadas pola empresa, desenvolverase con relativa independencia, polo cal o ritmo e intensidade do seu traballo depende en gran maneira do carácter específico e particular do seu labor, por conseguinte, ademais do soldo que perciban con carácter xeral os demais productores, este persoal terá asignada unha prima ou incentivo na venda que estará calculada de modo que cubra a posible prolongación da súa xornada, por isto, tal prolongación, aínda que debidamente retribuída, non terá carácter de horas extraordinarias.

Artigo 18º.-Quebranto de moeda.

O caixeiro ou auxiliar de caixa e cobradores percibirán mensualmente en concepto de quebranto de moeda a cantidade de 4.500 ptas. o primeiro e 3.933 ptas. os dous últimos. Do mesmo modo o persoal de autovendas que realice xestións de cobro percibirá, polo mesmo concepto, a cantidade de 3.933 ptas.

Capítulo VI

Xornada, horas extraordinarias, vacacions e licencias

Artigo 19º.-Xornada.

A duración da xornada será de 40 horas semanais. Na xornada continua farase un descanso intermedio de 20 minutos que se aboará como tempo traballado.

Dende o 1 de xuño ó 30 de setembro o persoal de administracións poderá exerce-lo seu traballo en xornada contínua.

Artigo 20º.-Quendas.

A queda de noite realizarase sempre que a dirección da empresa, por razóns de producción ou forza maior, o estime necesario e previa comunicación ó comite de empresa, indicando razóns para a súa realización, seccións afectadas e tempo de implantación. Sempre que a quenda de noite se prorrogue por máis dunha semana, a dita quenda será rotativa e ningún traballador estará máis de dúas semanas consecutivas, salvo adscrición voluntaria. O traballador que estea en quenda de noite, cando esta sexa suprimida, incorporarase á súa quenda habitual ó día seguinte do que abandonou a anterior quenda.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Co obxecto de fomentar unha política social para a creación de emprego, acórdase a reducción de horas extraordinarias habituais.

a) Consideraranse horas extraordinarias producidas por causa de forza maior o exceso das traballados sobre a xornada habitual para previr ou reparar sinistros ou danos extraordinarios e urxentes, as cales non se terán en conta nin para efectos de duración máxima de xornada ordinaria laboral nin para o cómputo máximo de horas extraordinarias autorizadas.

b) As horas extraordinarias precisas para atender pedimentos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e demais circunstancias derivadas da específica natureza da actividade que se trata, sempre que non sexa posible a utilización doutras modalidades de contratación previstas pola lei, serán consideradas estructurais.

A dirección da empresa informará mensualmente ó comité de empresa e delegados de persoal sobre o número de horas extraordinarias, especificando a súa distribución por seccións e causas.

Artigo 22º.-Vacacións.

Todo o persoal, calquera que sexa a súa categoría profesional, terá dereito a unhas vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais.

Quen cese no transcurso do ano sen desfrutalas terá dereito a que lle sexa aboada a parte do importe do dito período proporcional ó número de meses traballados durante o mesmo. Para estes efectos, computarase como mes completo a fracción do mesmo que exceda de 10 días.

As vacacións serán concedidas na época de menor actividade laboral e ó maior número posible de traballadores durante os meses de verán, sempre de acordo coas necesidades do servicio, e as seguintes consideracións:

No período de verán que está comprendido desde a segunda quincena do mes de xuño ata a primeira quincena do mes de setembro, ámbalas dúas inclusive, poderán desfruta-las súas vacacións, como máximo o 17% do cadro de persoal de Robra. Durante o resto do ano, en todos e cada un dos meses terán que desfruta-las súas vacacións un mínimo do 5% do cadro de persoal antes mencionada.

Para que os traballadores poidan programa-las vacacións, farase dentro dos dous últimos meses do ano anterior os oportunos calendarios de vacacións de acordo co comité de empresa.

O persoal que teña a totalidade das súas vacacións nos meses de xaneiro, febreiro, novembro ou decembro, terá dereito a 3 días naturais máis de vacacións. Quen só desfrute de 15 días nestes meses, terá dereito a 2 días mais, en vez dos tres correspondentes a 30 días.

Artigo 23º.-Licencias con retribución.

O persoal da empresa, logo de aviso e xustificación en forma legal, terá dereito a licencia con percepción íntegra do seu salario, por algún dos motivos e coa duración máxima seguintes:

a) Matrimonio do traballador: quince días naturais.

b) Nacemento dun fillo: tres días naturais ó nacer. En caso de coincidir en fin de semana, concederase un día máis, coa finalidade de axudar ás obrigacións paternas.

c) Falecemento, enfermidade moi grave ou intervención cirúrxica de cónxuxe, fillos, pais, irmáns, país políticos e irmáns políticos: 4 días natuais. Se as cau

sas sinaladas tivesen lugar en distinta provincia, esta licencia será ampliada ata 6 días como máximo.

d) Falecemento dos avós, netos e tios: 3 días naturais. Se o falecemento tivese lugar fóra da Comunidade Autónoma, ampliarase nun día máis.

e) Casamento de fillos, irmáns, irmáns políticos, pais ou pais políticos: un día natural. Se o casamento fose en distinta provincia, esta licencia poderá ser ampliada ata tres días.

f) Exames: polo tempo estrictamente indispensable cando curse estudios e deba someterse a exames, logo de xustificación escrita ante a empresa.

g) Cargo ou representación sindical: para os que ostenten cargos ou representación sindical, o tempo preciso, logo de xustificación e ata o máximo que determine a Lei sindical.

h) Atención a asuntos urxentes: 3 días ó ano cando se precise atender persoalmente a asuntos propios de xustificada urxencia. No caso de que esta licencia afecte a máis dun traballador da mesma familia, será necesaria a autorización da empresa. O comité comprométese a velar para que a utilización dos días de libre disposición para asuntos urxentes sexa seria e non prexudique a empresa.

i) Mudanza de domicilio familiar: 1 día. Se o traslado se efectúa fóra do municipio no que se vive, será de 2 días.

Artigo 24º.-Excedencias.

Nesta materia aplicarase o disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical, no seu artigo 9 b). En canto á excedencia por maternidade de anos dará dereito á reserva do posto de traballo.

Artigo 25º.-Excepción ó descanso dominical.

Por tratarse dunha industria cunha materia prima que precisa unha elaboración inmediata, os traballadores da sección de recepción, caldeiras que se vexan obrigados a presta-los seus servicios en domingos ou festivos, veranse compensados desfrutando dun día de descanso na seguinte semana, así coma un sobresoldo de festivo na contía de 7.164 pesetas ata o 30 de xuño e de 8.164 a partir do 1º de xullo.

Para o resto do persoal doutras seccións, o dito sobresoldo será de 4.520 pesetas.

Artigo 26º.-Premio de constancia.

Cando un traballador ó xubilarse ostente unha antigüidade na empresa superior ós dez anos, percibirá un premio consistente nunha mensualidade, de salario base, por cada quinquenio que se acredite como antigüidade. Este premio incrementarase excepcionalmente, coas porcentaxes que se especifican seguidamente, se a xubilación é solicitada polo traballador ó cumprir respectivamente, 60, 61, 62 e 63 anos e dentro dos tres meses seguintes á data na que cumpran as ditas idades.

-Ó cumprir 60 anos: 45%.

-Ó cumprir 61 anos: 40%.

-Ó cumprir 62 anos: 35%.

-Ó cumprir 63 anos: 30%.

En caso de falecemento anterior á xubilación, a viúva ou no seu caso os fillos menores ou maiores disminuídos, percibirán as cantiades anteriores correspondentes.

Xubilacion.

A dirección da empresa e o comité ante a situación de permanente adecuación do cadro de persoal para acomodalo ós niveis óptimos de emprego, acordan a xubilación obrigatoria dos traballadores ó cumpri-los 64 anos de idade (1), neste caso a empresa aboará ata os 65 anos, a diferencia que corresponda ó 100% en tódolos conceptos sobre salario neto anual e as percepcións ás cales teña dereito ó causar baixa definitiva na empresa. En caso de acordo entre as partes poderase optar coas mesmas condicións ós 63 anos.

Se algún traballador, chegada a dita idade non solicitase voluntariamente a baixa por xubilación, a empresa procederá a ela con carácter inmediato.

Aquel persoal que chegados os 64 anos de idade non tivera cubertos os períodos de cotización necesarios para alcanza-lo 92% da pensión de xubilación, a empresa comprométese a negociar co comité de empresa unha saída mellor para o traballador.

(1) Sempre e cando non se vexa prexudicado nos seus dereitos económicos ou de xubilación.

Artigo 27º.-Axuda escolar.

Establécese unha axuda para a formación escolar dos fillos dos traballadores en idades comprendidas entre os 4 e os 17 anos, ámbalas dúas incluídas, agás os que estean traballando. Será indispensable para os que teñan 16 e 17 anos acreditar documentalmente que están matriculados nun centro escolar con asistencia a clases de mañá e tarde.

A súa contía será de 1.000 pesetas mensuais por fillo durante os 10 meses do curso escolar (setembro a xuño, ámbolos dous incluídos). Esta axuda é para persoal con salario inferior a 2,5 veces o salario mínimo interprofesional, e en situación de resultados positivos para a compañía.

Artigo 28º.-Roupa de traballo.

A empresa quedará obrigada a facilitarlles ós traballadores que realicen traballos manuais dúas pezas de roupa de traballo para o inverno e unha para o verán, así como un par de zocos cada seis meses.

Artigo 29º.-Préstamos ó persoal.

Co obxecto de axudar ós traballadores en casos de necesidades xustificables, concederanse préstamos con xuro legal de diñeiro, cun importe máximo de 200.000 ptas., a devolver no prazo máximo de catro anos.

Para facer un seguimento do tema, a empresa creará un fondo económico que será supervisado trimestralmente polo comité e a dirección da empresa. Terá

un saldo máximo de 1.500.000 ptas. e terá dereito o persoal que estea por debaixo de 2,5 veces o salario mínimo interprofesional.

Artigo 30º.-Axuda a diminuídos.

Como compensación complementaria á da Seguridade Social, a empresa aboará unha axuda de 11.810 ptas. mensuais ós traballadores por cada fillo ó seu cargo que sexa diminuído físico, que lle impida o desenvolvemento de calquera traballo, ou psíquico. A clasificación de tales incapacidades será automática nos casos en que así o recoñecera a Seguridade Social e noutro suposto deberá acreditarse suficientemente, supervisado pola Mutua de Accidentes.

En caso de que un traballador alegando circunstancias que difiren da reealidade e esixencias establecidas nestas normas cobrara axudas, terá a obrigación da devolución total dos importes cobrados por estes conceptos.

Artigo 31º.-Póliza de seguros.

Coa finalidade de beneficiar a tódolos seus productores cunha medida de previsión a favor dos familiares que dependan deles, a empresa concertará un seguro colectivo, no que quedarán obrigatoriamente integrados tódolos seus productores. O dito seguro rexerase polas seguintes normas:

a) Os productores de novo ingreso causarán alta como asegurados o mesmo día de incorporación á empresa.

b) Causarán baixa ó producirse o cesamento definitivo na empresa.

c) Non haberá recoñecemento médico previo nin haberá límite de idade.

d) A contía de dito seguro para este ano será:

-Por morte natural, invalidez permanente ou laboral: 1.000.000 de ptas.

-Morte por accidente: 2.000.000 de ptas.

-Morte por accidente de tráfico: 3.000.000 de ptas.

e) Quedan exceptuados da integración no seguro os traballadores que expresamente sexan contratados con carácter eventual, temporal ou interino.

Artigo 32º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional no seo da empresa efectuarase sen prexuizo dos dereitos económicos, tendo en conta o grupo profesional (técnicos, administración, comercial, subalternos e persoal obreiro), debéndose adapta-lo traballador ós horarios que os cambios funcionais comporten.

A empresa comprométese a non realizar discriminación ningunha cara a ningún traballador, nin cambios de quenda máis dunha vez por semana.

Capítulo V

Promoción profesional. Promoción

Artigo 33º.-Formación profesional.

A dirección da empresa establecerá durante o primeiro trimestre do ano, un calendario de cursos de formación profesional co obxectivo de proporcionarlle ó persoal, en tódolos niveis, os coñecementos necesarios para a realización das súas funcións e o seu desenvolvemento profesional. A empresa comprométese a gastar durante o ano 1996, o 0,5% do importe total do salario base, plus de asistencia, plus de actividad e antigüidade en concepto de formación para o persoal. Co fin de comprobar e facer un seguimento dos ditos gastos, constituirase unha comisión pra tal fin, na que se incluirán dúas persoas designadas polo comité de empresa.

Decididos os plans de formación e previamente á súa implantación, solicitarase do comité de empresa o informe que se determina no artigo 64 (1.3) do Estatuto dos traballadores.

Para o persoal da empresa que realice cursos non contemplados nos plans de formación en centros oficiais para a obtención de coñecementos profesionais que garden relación directa coas actividades da empresa e teñan unha aplicación efectiva a medio ou longo prazo na mesma, establécese unha axuda económica consistente no pagamento do 50% do custo de matrícula e textos debidamente xustificados. Esta axuda solicitarase a través dos xefes de departamento e terá que ser aprobada polo comité creado a tal fin, con cargo ó fondo creado para esta finalidade.

Artigo 34º.-Promocións.

Establécense dous tipos de promocións:

a) Libre designación. Defínese como libre designación o acceso a postos que, en razón das súas funcións e responsabilidades, son cubertos por decisión da empresa e que corresponden ós postos e categorías profesionais seguintes: persoal directivo, técnico superior, técnico medio, xefe de fabricación, xefes promotores de vendas, xefe de sección, xefe de promotores de vendas, xefe de sección, xefe administrativo de 1ª e 2ª, encargado, caixeiro e secretarias de dirección. Agás o persoal directivo, técnico xefe, xefe de compras de leite, xefe de fabricación e delegados, as convocatorias ós demais postos de traballo faranse públicas coa finalidade de que o cadro de persoal poida acceder á selección.

b) Concurso-oposición. Defínese promoción por concurso-oposición o acceso as categorías laborais non contempladas no apartado anterior.

Para a realización destas promocións, créase un tribunal cualificador composto por catro membros. Dous membros designados polo comité de empresa e dous do departamento de persoal ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente do tribunal e con voto de cualidade decisorio. Para cubir unha vacante ou posto de nova creación nestas categorías, a empresa comunicaralle ó comité a existencia de tal posto.

Seguidamente, no prazo de 5 días hábiles, o tribunal cualificador decidirá e publicará os requisitos ou pro

bas de exame que se van realizar, non podendo realizarse este nun tempo inferior a 15 días nin superior a 30. A estas convocatorias poderá concorrer calquera persoa do cadro de persoal, formulando a oportuna solicitude dentro do prazo que se sinale. Se a convocatoria quedase deserta por falta de candidatos internos ou por non alcanzar estes a puntuación mínima requirida, a empresa poderá cubi-la dita vacante por libre designación ou por nova convocatoria á que pode optar persoal alleo á empresa.

O tribunal cualificador deberá establece-las cualificacións definitivas e publicalas nun prazo máximo de 8 días, a partir da data en que rematen as probas.

O tribunal terá facultades para, unha vez anunciada a vacante ó posto de nova creación, decidir sobre a necesidade de realizar probas de aptitude, ou en caso negativo, establecer directamente a orde de prioridade.

Acceso á categoría: para a realización efectiva do cambio de categoría, establécense os períodos de proba seguintes:

-6 meses para postos de libre designación.

-3 meses para postos de persoal cualificado.

-15 días para postos de persoal non cualificado.

Durante o período de proba, o traballador percibirá o salario correspondente á nova categoría, pero non se efectuará o cambio efectivo dela. Se transcorrido o dito período os informes non fosen positivos, remitiranse ó tribunal cualificador que valorará, se é o caso, o retorno ou non á categoría anterior.

Artigo 35º.-Comité de empresa ou delegados de persoal.

Nesta materia, seguirase ó disposto no título segundo do Estatuto dos traballadores.

A empresa pagará viaxes e axudas de custo, na forma que teña establecida, cando algún membro do comité ou delegados sindicais, en representación do mesmo, teñan que desprazarse do seu lugar habitual de residencia, para aistir a reunións, sobre temas relacionados cos propia empresa ou convocadas pola empresa ou sindicato representativo.

Acórdase a posibilidade de acumular crédito de horas mensuais que concede o artigo 68 e) do Estatuto dos traballadores ós representantes legais dos mesmos, podendo ceder entre representantes dunhas mesmas siglas ou candidaturas. Por isto, os cedentes comunicaranlle á empresa o nome do representante ou representantes ós que ceden as súas horas no mes seguinte, sendo esta cesión permanente ata que o propio cedente a revogue ou modifique, mediante comunicación dirixida á dirección da empresa, con cinco días de antelación mínimos á data dos efectos.

O comité de empresa poderá solicitar para temas concretos e específicos, o asesoramento técnico das centrais sindicais ás que representan, co fin de que representantes delas poidan acceder ós locais e dependencias do dito centro. Isto farase sen entorpecemento da producción, responsabilizándose da reserva profesional por parte da central sindical.

Artigo 36º.-Seccións sindicais.

O funcionamento das seccións sindicais no ámbito da empresa axustarase ó disposto no artigo 10 da Lei 11/85, de 2 de agosto, Lei orgánica de liberdade sindical. Recoñécese un delegado sindical no centro de traballo.

Artigo 37º.-Fondo económico.

Créase un fondo a cargo da empresa, destinado a financia-las xestións do comité de empresa derivadas da súa representatividade. O dito fondo será de 155.250 ptas. por ano.

Artigo 38º.-Financiamento das seccións sindicais.

Establécese un fondo a cargo da empresa, que se fixa na cantidades de 77.625 ptas. que se poñerá a disposición das seccións sindicais representadas na mesa de negociación; a dita cantidade dividirase proporcionalmente segundo a representación na mesa de negociación.

Capítulo VII

Disposicións derradeiras

Primeira.-Pagamento de salarios.

O pagamento dos salarios correspondentes a cada traballador farase o último día de cada mes. No caso en que coincidira en festivo, o día inmediatamente anterior. O traballador terá dereito a percibir anticipos a conta do traballo xa realizado sen que chegue o día sinalado para o pagamento.

Segunda.-Normas subsidiarias.

No non previsto neste convenio observarase o disposto no Estatuto dos traballadores, convenio colectivo estatal de industrias lácteas e demais disposicións legais vixentes.

Terceira.-Sancións.

Cando se apliquen sancións ó persoal, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores, artigo 64, apartado 1.6.

Antes de comunica-la sanción ó traballador será informado o comité de empresa.

Cuarta.-Comisión mixta paritaria.

Co alcance e funcións previstas no artigo 85.2º d) do Estatuto dos traballadores, desígnase a comisión mixta paritaria composta por seis membros por designación da empresa e seis membros en representación dos traballadores (5 de CIG e 1 de UXT).

Quinta.-Comité de seguridade e hixiene.

Créase un comité de seguridade e hixiene e condicións de traballo na empresa, tendo como competencias as seguintes:

a) O seu ámbito de aplicación comprenderá tódolos factores presentes no posto de traballo que poidan ter algún efecto sobre a saúde.

b) Información completa dos factores de risco (maquinaria, materia prima, procesos, etc.), así coma os

danos ocorridos no centro de traballo (accidentes, enfermidades laborais, etc).

c) Dereito a inspeccionar tódolos lugares de traballo, emitir informes, propoñer solucións, podendo contar para isto coa Mutua de Inspección de Traballo).

d) Dispoñer dun crédito suficiente de horas para poder desenvolve-lo seu labor, cun máximo de 15 horas/mes por cada un dos membros.

Sexta.-Acórdase factura-la mercancía ós empregados para consumo persoal a prezo de custo máis un 5%, ata un importe máximo de 12.500 ptas./mes.

Sétima.-Quilometraxe.

O prezo do quilómetro para todo o persoal con dereito a percibilo será de 24 ptas.

Oitava.-A suspensión temporal do carné de conducir que non sexa debida a infracción de regulamentos, dará dereito ó traballador a asignarlle durante o dito período outras funcións.

Novena.-No caso de obte-la empresa o equilibrio da conta de resultados no exercicio de 1996, daráse outro 0,5% de incremento. No caso de que o dito equilibrio non se conseguira, ó porcentaxe do 0,5% será dada para o ano 1997, a partir do mes de xaneiro. Sobre da táboa salarial resultante, negociarase o convenio colectivo do ano 1997.

ANEXO I

CLASIFICACIÓN SEGUNDO FUNCIÓNS: CATEGORÍAS E DEFINICIÓNS

O persoal da empresa LARSA, na sua factoría de Robra, Outeiro de Rei, clasificarase, en atención á función que desempeña, nalgún dos seguintes grupos:

1. Persoal directivo.

2. Persoal técnico.

3. Persoal administrativo.

4. Persoal comercial.

5. Persoal subalterno.

6. Persoal obreiro.

1. Persoal directivo.

Defínese como persoal directivo as persoas que desempeñan funcións de dirección no seo da empresa nos cargos de presidente, xerente, directores, subdirectores e xefes de planta, non regulados polo presente convenio colectivo.

2. Persoal técnico.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

Títulado superior.

Titulado medio.

Xefe de fabricación.

Xefe de sección.

Encargado.

Capataz.

Inspector distrito leiteiro.

Oficial de laboratorio.

Auxiliar de laboratorio.

-Titulados superiores: son aqueles que, posuíndo un título profesional oficial de carácter universitario, de escola técnica de grao superior, ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, desenvolven nela funcións propias da súa titulación ou coñecementos.

-Titulados medios: son os que tendo un título facultativo de escola de grao medio, escola universitaria ou coñecementos equivalentes en materias recoñecidas pola empresa, desempeñan as funcións propias dos ditos titulos ou coñecementos, baixo a supervisión directa da dirección ou titulados superiores.

-Xefes de fabricación: son os que, baixo a supervisión directa do director de producción, teñen responsabilidades de planificación, dirección, coordinación e control dos procesos de producción e de mantemento das máquinas e instalacións, establecendo a forma de face-lo traballo, dirixindo e coordinando o persoal e encargado de mantemento.

-Xefes de sección: son os que baixo a supervisión directa do director correspondente teñen a responsabilidade da sección, exercendo as funcións de dirección, coordinación e control dos encargados, capataces e operarios da sección, así coma das distintas tarefas de sección, observando o funcionamento dos distintos órganos que comprende esta, respondendo da disciplina do persoal, da distribución do traballo, a boa execución del a conservación dos útiles e instalacións.

-Encargados: son os que, con coñecementos e experiencias amplos, tanto teóricos coma prácticos, sobre os procesos productivos, dirixen, coordinan e controlan os traballos de varias liñas de producción, baixo a supervisión directa do xefe de fabricación ou do xefe de sección, sendo responsables da forma de execución, disciplina do persoal e conservación dos útiles e instalacións.

-Capataces: son os que, con coñecementos e experiencia amplos sobre procesos de almacén de productos terminados e materias auxiliares, baixo a supervisión do seu inmediato superior, e polas seus especiais condicións se lles confía a dirección dun grupo de traballadores.

-Controlador de distrito leiteiro: son os que desenvolven as funcións de vixilancia e control do servicio de recollida e transporte, estatísticas de producción, toma de mostras, control e asesoramento dos gandeiros no mantemento e mellora dos seus medios de producción, gando, cortes, instalacións, etc. e outras funcións que lles poidan confia-los seus superiores en relación coa modificación, limpeza, comprobación das cualidades nos distritos leiteiros, como calquera outro traballo de control e asesoramento.

Colabora cos seus xefes nas funcións de liquidación e pagamento ós gandeiros.

-Oficial de laboratorio: son os que, cun coñecementos técnicos e práctico, a nivel de formación profesional de 1º ou 2º grao, ou coñecementos similares recoñecidos pola empresa das normas, instrumentos e procesos de análises de laboratorio, realizan toda clase de análises físicas, químicas ou bacteriolóxicas na empresa, ou verifican os procesos de elaboración, producción e de producto terminado, con responsabilidade técnica sobre os mesmos, baixo a supervisión directa do responsable do laboratorio ou departamento de calidade.

-Auxiliar de laboratorio: son os que, con coñecementos técnicos e prácticos mínimos, fan análises físico-químicas de maneira instrumental e axudan ós oficiais de laboratorio nas tarefas sinxelas que poidan ter unha rápida comprobación.

3. Persoal administrativo.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

Xefes de primeira.

Xefes de segunda.

Oficial de primeira.

Oficial de segunda.

Auxiliares.

Telefonista.

-Xefes de primeira: son os empregados que, provistos ou non de poderes, baixo a supervisión do director correspondente, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controlar unha ou varias seccións administrativas, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo.

-Xefes de segunda: son os empregados que, provistos ou non de poderes limitados, e supervisados por un director ou xefe de primeira, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar ou controlar unha sección ou grupos de traballo administrativos, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo entre o persoal que de el dependa. Queda incluído nesta categoría o tesoureiro, responsable de caixa.

-Oficiais de primeira: son os empregados que, baixo a supervisión dun xefe de 1ª ou de 2ª, teñen a responsabilidade dun servicio ou función determinado, dentro do cal exercen iniciativa e posúen responsabilidade, con ou sen persoal a cargo, para o que se precisan coñecementos xerais de administración a nivel de FP1 ou semellante e coñecementos amplos do servicio ou función correspondente.

Inclúese nesta categoría as funcións de secretaria de dirección, caixeiro, cobros e pagamentos, sen sinatura nin fianza, transcrición de libros oficiais contables, programadores e operadores de informática.

-Oficiais de segunda: son os empregados que teñen iniciativa e responsabilidade restrinxida sobre un servicio ou un conxunto de tarefas administrativas para as que se precisan coñecementos básicos sobre as tarefas ou servicio que desempeñan.

-Auxiliares: son os empregados que desempeñan tarefas e operacións elementais administrativas, para as que necesitan coñecementos básicos administrativos.

-Telefonista: son os empregados que teñen como funcións atende-la centraliña telefónica da empresa e recibi-las chamadas que chegen a ela, de acordo coa política que a empresa estableza para os ditos temas.

4. Persoal comercial.

Este grupo comprende as categorías profesionais seguintes:

Xefes de venda.

Supervisores de vendas.

Promotor de vendas.

-Xefes de vendas: son os que, baixo a supervisión directa do director de vendas ou comercial, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controla-la acción comercial da empresa nunha ampla zona de mercado, dándolle sentido de unidade, planificando, distribuíndo o traballo ó persoal de vendas que estea ó seu cargo, e animando a xestión de vendas.

Participa co seu xefe inmediato na negociación e establecemento de condición de vendas dos clientes.

Responde da disciplina do persoal ó seu cargo e da boa execución dos traballos que se lle asignen.

-Supervisores de vendas: son os empregados que, baixo a supervisión do xefe de vendas, teñen a responsabilidade de coordinar, animar e controla-la acción comercial dun grupo de promotores de vendas, ou área de mercado.

-Inspectores ou promotores de vendas: son os empregados que, baixo a supervisión directa do xefe de vendas ou supervisor, percorren as zonas, rexións ou rotas que se lles asignan, a fin de ralizar visitas a clientes, promover vendas, ofrecer artigos, vixia-la colocación dos artigos nos puntos de venda, así coma para controlar e anima-la acción comercial dos repartidores e autovendas, xestionar cobros de operacións morosas ou calquera outra misión que se lles encomende relacionada coa venda ou distribución dos productos.

Cando permanezan no centro de traballo, poderán ocuparse en tarefas de estatística, controis diversos ou traballos semellantes.

5. Persoal subalterno.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

Almaceneiro.

Controlador.

Vixilante.

-Almaceneiro: son os operarios que teñen a responsabilidade da recepción das mercancias e despacho de productos, coas operacións complementarias de medición, pesaxe, colocación en estanterías, etc;

así coma o rexistro e control de existencias permanente e movemento diario de mercancías e productos.

-Controlador: son os operarios que teñen a responsabilidade de controlar e vixia-la carga de productos terminados que diariamente efectúa o persoal de reparto e distribución, así coma de almacén de productos terminados e cámara de frío.

Vixilante: son os traballadores que teñen a responsabilidade de vixia-las instalacións da empresa, coida-los accesos a ela, controlando as entradas e saídas de persoas, materias primas, pasando previamente están, realizando as tarefas de custodia e vixilancia, de acordo coas instruccións recibidas dos superiores.

6. Persoal obreiro.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

Peóns.

Especialistas de terceira.

Especialistas de segunda.

Especialistas de primeira.

Oficiais de terceira.

Oficiais de segunda.

Oficiais de primeira.

-Peóns: son os operarios que realizan labores que requiren a práctica operatoria previa para a súa execución.

-Especialistas: comprende esta categoría, nas súas tres clasificacións de primeira, segunda e terceira, aqueles operarios que, despois dun determinado período de prácticas, realizan tarefas e operacións do proceso inicial de producción.

Neste sentido, a clasificación corresponderá coas definicións seguintes:

-Especialistas de terceira: son os operarios que coñecen e realizan unha operación de proceso industrial e están a fronte dunha máquina, respondendo do funcionamento dela.

-Especialistas de segunda: son os operarios que coñecen e realizan varias operacións de proceso e están á fronte de máquinas de certa complexidade, respondendo do funcionamento delas. Considéranse dentro desta categoría os seguintes grupos:

Encaixonadora.

Conductor de carreta.

Carga, descarga e limpeza de cisternas.

Mostra brik.

-Especialista de primeira: son os operarios que coñecen e realizan as operacións e tarefas de maior complexidade e que requiren maior destreza. Considéranse dentro desta categoría os seguintes postos:

Elaboración e envasado de iogurt, pasteurizado, aséptico, queixo fresco, sobremesas, nata, manteiga, leite en po, etc.

Envasado dos productos anteriores - caldeiras e compresores - esterilización - desecado (torre).

-Oficiais: son os operarios que, tendo feito nas condicións legais establecidas a aprendizaxe dun oficio determinado, desempeñan funcións propias del.

Quedan comprendidos neste grupo os conductores de recollida, distribución, mecánicos, electricistas, carpinteiros, albaneis, soldadores, etc. Os operarios encadrados neste grupo de oficios, clasificanse nas seguintes categorías:

-Oficiais de terceira: son os operarios que, despois de face-la aprendizaxe dun oficio, non alcanzaron os coñecementos e experiencia necesarios para executa-los traballos coa corrección esixida a un oficial de segunda.

-Oficiais de segunda: son os traballadores que realizan coa corrección adecuada os traballos do seu oficio, pero sen posuír unha especialización que lles permita desempeña-los traballos máis complexos con perfección.

-Oficiais de primeira: son os operarios que, posuíndo un oficio, practícano e aplícano con alto grao de perfección, facendo traballos de carácter xeral e de carácter especializado no seu oficio.

Se algún posto non estivese recollido no presente documento por ser de nova creación ou modificación, reuniríase a comisión mixta paritaria para a súa clasificación.

ANEXO II

TÁBOA SALARIAL VIXENTE PARA O ANO 1996

CategoríaSoldo

base

Sobresoldo

de asistencia

-Persoal técnico
Técnico xefe164.13715.748
Técnico superior142.90015.748
Técnico medio124.81715.748
Xefe de fabricación128.57215.748
Xefe de laboratorio112.66815.748
Xefe de c. leiteiro112.66815.748
Xefe de sección112.66815.748
Encargado103.06215.748
Capataz101.49015.748
Contr. Dis. Leit.95.10715.748
Mestre queixeiro94.04115.748
Oficial de laboratorio92.51815.748
Aux. laboratorio79.40315.748

-Persoal administrativo
Xefe de 1ª Admtvo.121.67115.748
Xefe de 2ª Admtvo.117.39715.748
Of. 1ª Admtvo.101.49015.748
Of. 2ª Admtvo.92.51815.748
Auxiliar Admtvo.79.40315.748
Telefonista79.40315.748

-Persoal comercial
Promotores101.49015.748
Viaxantes92.51815.748
Corredores de praza92.58115.748

CategoríaSoldo

base

Sobresoldo

de asistencia

Repartidores82.02015.748
Degustadores79.40315.748

-Persoal subalterno
Almaceneiros85.16515.748
Pesadores79.40315.748
Cobradores79.40315.748
Porteiros79.40315.748
Ordenanzas79.40315.748
Conserxes85.16515.748
Gardas, serenos e Vix.79.40315.748

-Persoal obreiro
Especialista 1ª84.91015.748
Especialista 2ª83.33015.748
Especialista 3ª81.90415.748
Peón80.24515.748
Oficial 1.O.V.84.91015.748
Oficial 2.O.V.83.33015.748
Oficial 3.O.V.81.90415.748

ANEXO III

TÁBOAS DE MÍNIMOS EN CONCEPTO DE ACTIVIDADE PARA 1996

-Persoal técnico
Técnico xefe78.740
Técnico superior67.490
Técnico medio61.870
Xefe de fabricación56.240
Xefe de laboratorio56.240
Xefe de c. leiteiro56.240
Xefe de sección56.240
Encargado33.745
Capataz29.060
Contr. Dis. Leit.36.598
Mestre queixeiro16.870
Oficial de laboratorio34.450
Aux. laboratorio9.000

-Persoal administrativo
Xefe de 1ª Admtvo.56.240
Xefe de 2ª Admtvo.45.000
Of. 1ª Admtvo.23.680
Of. 2ª Admtvo.22.497
Auxiliar Admtvo.21.528
Telefonista21.528

-Persoal comercial
Promotores27.120
Viaxantes21.370
Corredores de praza16.870
Repartidores7.860
Degustadores6.750

-Persoal subalterno
Almaceneiros9.000
Pesadores9.000
Cobradores9.000
Porteiros9.000
Ordenanzas9.000

Conserxes9.000
Gardas, serenos e Vix.9.000

-Persoal obreiro
Especialista 1ª20.450 (operador 36.598)
Especialista 2ª16.146
Especialista 3ª11.840
Peón9.000
Oficial 1.O.V.24.760
Oficial 2.O.V.21.528
Oficial 3.O.V.9.000

-Quedan exceptuados destas táboas, os traballadores con contrato eventual.

TÁBOAS DE SALARIOS ANUAIS MÍNIMOS PARA 1996 POR CATEGORÍAS

-Persoal técnico
Técnico xefe3.832.098
Técnico superior3.439.308
Técnico medio2.989.215
Xefe de fabricación2.961.176
Xefe de laboratorio2.722.619
Xefe de c. leiteiro2.722.619
Xefe de sección2.722.619
Encargado2.241.080
Capataz2.194.516
Contr. Dis. Leit.2.164.542
Mestre queixeiro1.852.676
Oficial de laboratorio2.093.407
Aux. laboratorio1.515.085

-Persoal administrativo
Xefe de 1ª Admtvo.2.857.671
Xefe de 2ª Admtvo.2.624.827
Of. 1ª Admtvo.2.066.533
Of. 2ª Admtvo.1.914.186
Auxiliar Admtvo.1.702.937
Telefonista1.702.937

-Persoal comercial
Promotores2.268.109
Viaxantes1.897.326
Corredores de praza1.829.792
Repartidores1.537.270
Degustadores1.481.240

-Persoal subalterno
Almaceneiros1.601.512
Pesadores1.515.085
Cobradores1.515.085
Porteiros1.515.085
Ordenanzas1.515.085
Conserxes1.515.085
Gardas, serenos e Vix.1.515.085

-Persoal obreiro
Especialista 1ª1.769.400 (operador 2.011.590)
Especialista 2ª1.681.109
Especialista 3ª1.595.032

Peón1.527.707
Oficial 1.O.V.1.833.984
Oficial 2.O.V.1.761.839
Oficial 3.O.V.1.552.593

ACTA ANEXA CONVENIO COLECTIVO DE LARSA, CENTRO DE TRABALLO DE ROBRA-LUGO

Reunidos en Rodra, Outeiro de Rei o 25 de xaneiro de 1996, José Moreno Carretero, Gaspar Barreras Rodríguez y Jesús Crusat Méndez, por parte da dirección de Larsa e por outra parte o comité de empresa,

ACORDAN:

Primeiro.-A dirección de Larsa comprométese a mante-lo cadro de persoal existente o 31-12-1995 ata o 31-12-1997 nas mesmas condicións que se reflexaban na acta anexa do convenio colectivo de 1995.

Segundo.-O manifestado anteriormente refírese exclusivamente ó centro de traballo de LARSA ten en Robra-Outeiro de Rei.

En proba de conformidade, asinan a presente acta no lugar e data arriba sinalados.

603012