Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996 pola que se lle da publicidade á resolución de adxudicación do concurso polo procedemento aberto dun contrato para a realizacion de traballos específicos e concretos e non habituais na Administración consistente na configuración, compatibilización e conversión da información da Subdirección Xeral de Consumo ó Instituto Galego de Consumo.

Entidade adxudicataria: Instituto Galego de Consumo (IGC).

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: 1/96.

Obxecto do contrato: configuración, compatibilización e conversión da información da Subdirección Xeral de Consumo ó Instituto Galego de Consumo.

Tipo de contrato: traballos específicos e concretos e non habituais.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 12-4-1996.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: sete millóns cincocentas mil pesetas (7.500.000 pesetas).

Adxudicacion:

Data: 13-5-1996.

Contratista: Carlos Fernández García.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: sete millóns cincocentas mil pesetas (7.500.000 pesetas).

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1996.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

4217