Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Asociación Galega de Ceramistas-Agacer.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nesta, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral presentouse o día 9 de maio, certificación dos acordos acadados na asemblea de socios da asociación celebrado o 13 de marzo de 1996, pola que se acorda a modificación do domicilio e se renovan os cargos directivos do Comité Executivo.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4216