Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de servicios consistente na realización de 60 microespacios didácticos, creación e deseño dunha mascota, e elaboración de material promocional sobre consumo.

Entidade adxudicataria: Instituto Galego de Consumo (IGC).

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: 5/96.

Obxecto do contrato: realización de 60 microespacios didácticos, creación e deseño dunha mascota, e elaboración de material promocional sobre consumo.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: será desde a data da súa sinatura ata o cumprimento total das fases especificadas no prego de prescricións técnicas que en todo caso non deberá exceder de 4 meses (4).

Tramitacion: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: trinta e dous millóns de pesetas (32.000.000 de pesetas).

Garantías:

Provisional: será do 2% do orzamento do contrato (640.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: subgrupo 3º, do grupo III, categoría C.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da L.C.A.P.

Documentación que se presentará: a indicada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da L.C.A.P.

Admision de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago, 15771.

Data: décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1996.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

4223